Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Programa CUALE

Programa CUALE

     

 

 

 

NIVEIS

 

 

 

      

CUALE é un programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado como preparación para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especialidadas de idiomas.

 

No IES de Mugardos impártense dentro deste programa clases de inglés nos seguintes niveis:

  • A2, dirixido a alumnado de 4.º ESO.
  • B1, dirixido a alumnado de 1.º bacharelato.
  • B2, dirixido a alumnado de 2.º bacharelato
       
 

 GRUPOS

 

  A matrícula nestes grupos é gratuíta e aberta ao alumnado de calquera centro da comarca.
       
 

DOCENTES

 

  Os profesores son membros do departamento de inglés do instituto, coa colaboración dunha auxiliar de conversa.
       
 

HORARIO

 

  De outubro a xuño, tres horas semanais nunha soa tarde, xeralmente do xoves.
       

Probas de certificación CUALE-inglés na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol

Informámosovos de que o prazo de matrícula nas probas de certificación de inglés do alumnado CUALE será do luns 10 de abril ao venres 14 de abril (ata as 12.00 do mediodía). O alumnado pode matricularse directamente, accedendo á ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta/.

 

Para máis información en canto a estas probas, achégase aquí a Instrución 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficla para o curso 2022/23.

En canto ás datas das probas, pódense consultar na páxina da EOI-Ferrol.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

 

 A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo:

- 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva

- 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral

Pertence á COTA DE RESERVA SÓ o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria 2022. Se non ten praza adxudicada na convocatoria 2022 entón pertence á COTA XERAL.

Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO

 Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa:

Scary Stories

O xoves pasado pola tarde na biblioteca, o departamento de inglés organizou para o alumando de CUALE unha lectura de contos de terror a cargo de María Victoria Vázquez. Xa vedes o bo ánimo e ambiente creado na biblioteca.

 Grazas, Victoria.

English chat

Comezo do programa CUALE (Mércores, 7 de outubro)

 

DATA DE COMEZO: Mércores, 7 de outubro de 2015

HORA: 16:00-18:30

NIVEIS: A2 e B1
             (Non se impartirá este curso o A1 nin o B2)

Condicións e alumnado seleccionado e en lista de espera
no documento adxunto.

 

 

Distribuir contido