Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Departamento de Debuxo

 Les Perspecteurs, Abraham Bosse, 1648 O departamento de debuxo encárgase de impartir as seguintes materias:


- Educación Plástica e Visual: Cúrsase, con carácter obrigatorio en 1º e 3º de Eso, e con carácter optativo en 4º.

- Debuxo Artístico: Cúrsase, con carácter optativo en 1º Bacharelato.

- Debuxo Técnico: Cúrsase en 1º e 2º de Bacharelato.

 

Compoñentes do departamento:

  Juan Sicilia Barci

 Arturo Fuentes Cid



Educación Plástica e Visual

A competencia artística e cultural adquírese fundamentalmente a través da área de
educación plástica e visual, estando presente ao longo de todo o currículo.

O alumnado aprende a mirar, ver, observar e percibir, e desde o coñecemento da
linguaxe visual, a apreciar os valores estéticos e culturais das producións artísticas do
propio patrimonio cultural e do alleo. Contribúese tamén a acadar esta competencia cando
se experimenta e investiga con distintas técnicas plásticas e visuais para expresarse a
través da imaxe. A educación plástica e visual colabora na adquisición de autonomía e
iniciativa persoal dado que todo proceso de creación supón converter unha idea nun
produto. Incide estreitamente en desenvolver estratexias de planificación, de previsión de
recursos, de anticipación e avaliación de resultados. Deste xeito, sitúa o alumnado ante un
proceso que o obriga a tomar decisións de maneira autónoma. Todo isto, xunto co espírito
creativo, a experimentación, a investigación e a autocrítica, fomentan a iniciativa e
autonomía persoal.

Debuxo Artístico.

O ensino do Debuxo Artístico no bacharelato terá como finalidade:

- Coñecer e distinguir os elementos básicos de configuración da forma, empregándoos
correctamente, según criterios analíticos, na representación de obxetos do entorno ou
expresivos, sobre todo obxetos reais ou simbólicos.

- Entender a forma dos obxetos que se representan como consecuencia da súa estrutura
interna, e saber representala gráficamente.

- Comprender os distintos datos visuais que conteñen as formas como partes
relacionadas dun conxunto, atendendo especialmente ás proporcións que se dan entre
eles e representandoos prioritariamente según a súa importancia no conxunto e ignorando
detalles supérfluos.

- Empregar de maneira eficaz os mecanismos de percepción relacionados coas imaxes
plásticas, desenrolando a memoria visual e a retentiva para poder comunicarse con
imaxes procedentes tanto do exterior como do interior dun mismo.

- Valorar a importancia da observación e estudio directo das formas orgánicas da
naturaza como fonte de reflexión para as representacións de carácter subxectivo.

- Coñecer as leis básicas da asociación perceptiva e interpretar unha misma forma ou
conxunto de formas con diferentes intencións comunicativas ou expresivas.

- Coñecer a terminología básica, así como os materiais, técnicas e procedementos
adecuados á finalidade pretendida, valorar críticamente o seu emprego axeitado e
preceder dun xeito racional e ordenado no traballo.

- Coñecer os fundamentos teóricos e prácticos sobre a cor e o seu emprego, para a súa
aplicación plástica de maneira razonada e expresiva.

- Valorar a realización de modificaciónns combinatorias e o aporte de intencións
expresivas de carácter subxectivo ós debuxos, como medio para desenrolar a
sensibilidade estética, a creatividade e o pensamento diverxente.

Debuxo Técnico I e II



Debemos entender o debuxo técnico como unha linguaxe universal que nos permite expresar gráfica e
obxetivamente unha realidade.
Aprenderemos a desenrolar as destrezas necesarias para expresarse cos instrumentos específicos do
debuxo, empregando as técnicas gráficas axeitadas e ofrecendo solucións claras, precisas e
obxetivas.
Desenrolaremos a visión espacial para ser capaz de relacionar, situar e comparar as formas tanto
no espazo real como no espazo do debuxo.
Coñeceremos e comprenderemos as regras do debuxo técnico para interpretar a representación de
formas como imaxe da realidade.
Usaremos os métodos e coñecementos do debuxo técnico na investigación e solución razoada de
problemas científicos e técnicos.
Aceptaremos a normalización como convencionalismo universal que simplifica e facilita o
entendemento da representación e que racionaliza a producción dunha determinada
realidade.
Coñeceremos as principais normas (UNE e ISO), na execución de planos técnicos.
Desenrolaremos a destreza expresiva necesaria para trazar croquis a man alzada, rexistrando os
aspectos fundamentais de forma, orientación, proporción, detalles, medidas, etc. dunha
realidade determinada.