Entrar

Departamento de Electrónica

O Departamento de Electrónica e Telecomunicación imparte do IES de Rodeira imparte os seguintes ciclos de formación profesional e materias optativas: 

Acceso ao ciclo medio de Instalacións e Telecomunicacións
  • Posuír o título de graduado en educación secundaria.
  • Posuír o título de formación profesional básica (O perfil de cada título indica os ciclos de grao medio con preferencia de acceso).
  • Posuír o título de técnico dun ciclo de grao medio de formación profesional.
  • Posuír o título de técnico auxiliar.
  • Posuír unha titulación universitaria ou equiivalente a efectos académicos
  • Ter aprobado o segundo curso de bacharelato unificado polivalente (BUP) ou ter un máximo de dous materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos.
  • Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
  • Ter superado o terceiro curso do plan de 1963 das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
  • Ter superados outros estudos declarados equivalentes.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Ter superad a proba de acceso a ciclos formativos.
  • É posible acceder tamén superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan tódolos anos. Para iso é preciso cumprir dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Acceso ao ciclo superior de Sistemas de Telecolunicacións e Informáticos
  • Posuír o título de Bacharelato
  • Ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Superar a proba de acceso a ciclos formativos. Será necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumplilos no ano natural de realización da proba.
  • Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos, e posuír o título de Grao Medio da familia profesional de Electricidade-Electrónica.

 As persoas adultas tamén poden cursar os módulos profesionais nos que estén interesados de xeito individual.

Profesorado do Departamento
David Fernandez Viñal
Carmen Veiga Campo
Francisco Javier Jorge Mora
Jaime Pazos Laucirica
Uxio Docampo Martinez
Jose Manuel Covelo Piñon

Ciclo Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos

Este ciclo capacitará ao alumnado para desenvolver proxectos, xestión, supervisión, montaxe e mantemento das infraestructuras comúns de telecomunicacións (ICT) e de sistemas e equipamantos de telecomunicacións, como redes de banda larga, radiocomunicacións fixas e móbiles, sistemas telemáticos de producción audiovisual e de transmisión, sistemas domóticos e de fogar dixital...etc., que permitirán a saída profesional en empresas públicas e privadas do sector de servizos dedicadas ás telecomunicacións, integración de sistemas, redes de banda larga, telemática e medios audiovisuais, desenvolvemento de proxectos, supervisión de montaxe e/ou mantemento de instalacións e infraestructuras, deseño, montaxe e mantemento de sistemas domóticos e fogar dixital... etc.

Este título permite ademáis o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao, nas condicións de admisión que se establezan. Para facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS, distribuídos entre os distintos módulos profesionais do ciclo que se poden realizar de xeito individual por todas as persoas adultas que o desexen

A oferta modular que compón este ciclo é a seguinte:

  • Configuración de Infraestructuras e Sistemas de Telecomunicacións
  • Elementos de Sistemas de Telecomunicacións
  • Sistemas informáticos e Redes Locais
  • Técnicas e Procesos en Infraestructuras de Telecomunicacións
  • Sistemas de Producción Audiovisual
  • Redes Telemáticas
  • Sistemas de Radiocomunicacións
  • Sistemas Integrados e Fogar Dixital
  • Proxecto de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
  • Formación e Orientación Laboral
  • Empresa e Iniciativa Emprendedora
  • Xestión de Proxectos e Instalacións de Telecomunicacións
  • Sistemas de Telefonía Fixa e Móbil
  • Formación en Centro de Traballo (Práctica de 3 meses en empresas)

Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións

Este ciclo capacitará ao alumnado para montar e manter instalacións audiovisuais, radiocomunicacións e antenas, domóticas, de seguridade electrónica, eléctricas, telemáticas, Informáticas e Telefónicas... , que permitirán saídas profesionais como Instalador/a de Telecomunicacións en edificios de vivendas, Instalador/a de antenas, Instalador/a de sistemas de seguridade, Técnico/a en redes locais e telemática, Técnico/a en instalacións de megafonía e son, Instalador/a e Mantedor/a de sistemas domóticos e automáticos, Técnico/a instalador/a mantedor/a de equipamentos informáticos e telefónicos, Técnico/a en montaxe e mantemento de sisteamas de radiodifusión.

A oferta modular que compón este ciclo é a seguinte:

  • Electrónica Aplicada, analóxica e dixital (10)
  • Equipamento Microinformático (5)
  • Instalacións eléctricas básicas, en vivendas e locais (7)
  • Instalacións de megafonía e sonorización (6)
  • Instalacións de radiocomunicacións (4)
  • Formación e Orientación Laboral (4)
  • Infraestructuras Comúns de Telecomunicacións en Vivendas e Edificios -antenas,cableado,fibra óptica- (7)
  • Instalacións Domóticas -automatización- (7)
  • Redes de Datos e Sistemas de Telefonía (10)
  • Circuitos pechados de televisión e Seguridade electrónica -cámaras de vixiancia,alarmas,videoporteiros- (9)
  • Empresa e Iniciativa Emprendedora
  • Formación en Centro de Traballo (Práctica de 3 meses en empresas, 400horas)