Benvida
Benvido ó sitio na rede do IES de Sabón.
O noso IES é un centro público que imparte ciclos formativos de grao medio e superior, bacharelato, programas de cualificación profesional inicial e ensinanza secundaria para adultos. Estamos no concello de Arteixo, vila de 23.000 habitantes aproximadamente, perto da cidade da Coruña. O noso IES participa no proxecto de renovación pedagóxica "Ponte dos Brozos". Nestas páxinas atoparás toda a información necesaria sobre o noso centro e sobre este proxecto. Desexámosche unha grata e frutífera navegación.
IES de SABÓN
Avda. Arsenio s/n
15142 Arteixo
Tfno: 981 601012
Fax: 981601498
ies.sabon.arteixo@edu.xunta.es
ÚLTIMAS NOVAS:
O grupo musical NUGALLA foi o gañador do XIII Certame Musical "A Mocidade coa nosa Lingua" que tivo lugar en Arteixo o día 26 de abril de 2012. Neste certame participan grupos musicais e institutos da bisbarra coruñesa. Non é a primeira vez que o IES de Sabón ten acadado éxitos neste Certame, grazas a participación de grupos como "Relúa" e "O Rumor".
NUGALLA está formado por Cesar Romero, Brais Mosquera, Manuel López e José Luis López. Teñen a capacidade de contaxiar ao público e facelo partícipe da súa música, como podedes ver na fotografía do escenario durante o bis como gañadores do Certame.
Ademais, como lle corresponde aos gañadores do Certame, foron os encargados de poñer o peche musical ao Correlingua, ao pé da Torre de Hércules.

