portada30

Proxecto Voz Natura: Un horto escolar no IES de Sar

O alumnado de 2º curso da ESO desenvolveron as tarefas dun horto escolar baixo a coordinación da profesora María del Carmen Quintatilla Louzao e do profesor Pablo Gómez Segade. Tamén colaborarou en tarefas colaterais nos xardíns do centro o alumnado de Ámbito Científico de 3º curso da ESO. Para ver un resumo das actividades realizadas, presentamos este vídeo (clic). A fundación Santiago Rey Fernández-LaTorre de Coruña financiou as zonas de rego automático ademais de parte das especies plantadas nos xardíns do centro. A dirección do centro tamén proporcionou importante axuda económica para levar a cabo as tarefas e poder obter así un resultado que mereceu as felicitacións da fundación, polo que xa temos asegurado a continuidade do proxecto para o curso vindeiro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer