portada30

O Proxecto Comenius chegou ao seu final no IES de Sar.

Neste mes de xullo ven de rematar o Proxecto Comenius "Biodiversity of Rivers" que durante dous anos, 2013-2015, se desenvolveu no IES de Sar, que colaborou con outros seis centros de diferentes países de Europa. Co pretexto do estudo mediambiental da gran biodiversidad presente nos ríos, especialmente en Galicia, o alumnado e profesorado participante, puido desenvolver numerosos traballos e vivir magníficas experiencias que foron un espazo de enriquecemento persoal grazas sobre todo ao intercambio culturasl entre tantas culturas e pobos diferentes. O proxecto foi unha constante fonte de fomento de capacidades dos participantes, tales como a Lingüística, o manexo de novas tecnoloxías, as Ciencias Sociais, as capacidades artísticas, a capacidade tecnolóxica e, como non, a capacidade de obsercación da natureza e o fomento da convervación do medio ambiente. O proxecto realizouse grazas á participación de numeros@s alumn@sm profesor@s, e as familias do alumnado participante. Queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa do IES de Sar por facilitar a realización deste proxecto, e confiamos que outros poidan continuar a facilitar ese gran obxectivo, como é o enriquecemento persoal grazas especialmente ao intercambio cultural.

- Para ver as numerosas actividades realizadas no IES de Sar no marco deste proxecto, pódese ver esta ligazón (clic)

- Para ver a páxina oficial do proxecto, visitar esta ligazón (clic)

- Nesta ligazón, pódese ver un vídeo cunha moi breve sinopse das viaxes e actividades realizadas (clic)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer