portada30

Muralismo no IES

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato participou nunha Masterclass práctica de murais impartida polo grupo "Mutante Creativo" como parte das actividades do "Contemporaneafest 2021".

Vede como quedou a cousa:

 

Vas picar?. Mocidade libre de apostas

O noso IES participa como entidade colaboradora na campaña  "¿VAS PICAR?. MOCIDADE LIBRE DE APOSTAS" dirixida á prevención da adicción aos xogos de azar na mocidade.

 

IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS NA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

CHARLA
 
"A violencia de xénero é un problema estructural e sistémico no que todas as institucións temos que implicarnos conscientemente.  Nesta charla conversaremos sobre as formas nas que, sen nos decatar, podemos chegar a reproducir modelos, formas de pensar, estereotipos discriminatorios, ou alentar condutas que non propician o cambio que desexamos.  Trataremos de comentar aspectos das relacións afectivas familiares que si inciden positivamente na eliminación desta violencia.
 
Dende a Federación de ANPAs Compostela non convidan a participar na seguinte charla
 
DIRIXIDA A: FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO

RELATORA: Amada Traba - Profesora de Socioloxía da educación na Universidade de Vigo

DATA:  Martes, 26 de outubro de 2021
HORA: 17:30h
LUGARPresencial no local da Federación de Anpas Compostela (Rúa Estocolmo, 8 Santiago) e telemática
INSCRIPCIÓNS:    https://forms.gle/yr1WoM8ey4V1HHT27     (DATA LÍMITE O MARTES 26 ÁS 12:00H)


O  aforo do local é limitado, unha vez se chegue a  12 inscritos/as "presenciais", o resto de inscritas deberá necesariamente asistir vía online.

 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR.
 

Campaña A TRIBO 20-21 "Vas permitir que o comenzo marque o seu destino?"

O xoves 14 de outubro o alumnado de 1º de Bacharelato participará no inicio da presentación do proxecto "A Tribo".

Alecoy e Valentina presentarannos catro curtas nas que participaron 22 adolescentes en risco de exclusión social e coas que nos recordan que as súas voces tamén importan e deben ser escoitadas.

Protocolo de Adaptación COVID curso 21_22

Neste enlace pódese consultar o Protocolo  de Adaptación ao contexto COVID -19 para o curso 21_22

Axudas adquisición material escolar

Dende o día de hoxe, pódese consultar presencialmente a listaxe provisional das axudas para a adquisición de material escolar para o vindeiro curso académico 2021/2022 no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.

Os/as nais/país das alumnas/os que teñan dereito a dita axuda, poden pasar pola oficina do centro para recoller o vale. De forma non presencial, pódese consultar a través de aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre.

Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica.

A dirección,

PREMIO GALICIA DE "VOZ NATURA".

Voz Natura

Voz Natura premia o traballo medioambiental que superou os obstáculos da pandemia. Leopoldo Bahillo, do departamento de Bioloxía, recolleu o premio. Isaac Valiña e Cristina Varela, do departamento de Fisica/Química, xunto co alumnado, participaron na cerimonia de maneira telemática. O traballo centrouse no entorno do centro escolar: ofrece solucións para erradicar a contaminación visual da cidade; fai medicións do gas radón; estudia a flora das paredes de Belvís; analiza o estado ambiental das aguas do río Sar xunto coa potabilidade das cinco fontes do barrio. 

Libros de texto curso 2021_2022

No seguinte enlace poderá consultar o listado de libros de texto para o vindeiro curso 21_22

PROXECTO QuebrARTE en FEMININO da materia de Técnicas Gráfico Plásticas e Visuais.(TEGPV).

PROXECTO QUEBRARTE EN FEMININO

As claves do proxecto son:

1. Ecolóxica que implica reutilización e reciclaxe.

2. Igualdade: as mulleres na arte con Frida Kahlo, Sonia Delaunay, Maruja Mallo…

3. Divulgación da arte en clave feminina.

4. XOGO: compoñente LÚDICO para desenrolar a creatividade, psicomotricidade e retentiva dos cativos/as de 3 a 6 anos.

5. TÉCNICA: acrílica.

6. Traballo en EQUIPO.

7. COMPOÑENTE SOCIAL: DOAZÓN a centros públicos adscritos (CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, de Lavacolla e CEIP Apóstolo Santiago, de Santiago de Compostela) para devolverlle algo a sociedade do que recibimos e compartir cos demais.

O proxecto estivo repartido en 14 equipos de 3 e algún de 4 alumnos/as, de 2º de Bacharelato de Artes, na materia de Técnicas Gráfico Plásticas, que escolleron as artistas para reinterpretar. Despois veu a fase preparatoria das caixas cunha imprimación, bosquexos e pasalos ao soporte, reinterpretar as obras escollidas coa técnica do acrílico e, por último, darlle unha protección á obra. A temporalización foi na 3ª Avaliación.

Cada equipo realizou unha breve memoria do proxecto .

Tamén houbo unha exposición no centro dos traballos realizados.

 

QuebrArte en FEMININO.

Premio Literario Antón Losada Diéguez

O profesor de este centro Baldo Fernández Ramos xunto con Eva Veiga, gaña o prestixioso premio literario Antón Losada Diéguez deste ano. Todo o que queira asistir a presentación poderá acudir a un acto na Biblioteca Anxel Casal hoxe mércores ás 19:30 horas.  Noraboa de parte da comunidade educativa do IES de SAR

                    

 

 

Máis información

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer