portada30

ALUMNOS/AS DE ARTES CONMEMORAN O 8 M.

Artes, 8 M -2021

MASTERCLAS: FÍSICA DE PARTÍCULAS COAS MANS.

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), organiza unha xornada ou “Masterclass” de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Promovida polo “Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas” e denominada “Física de Partículas coas mans”, a masterclass consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual. Os resultados, da práctica realizada, serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizan simultaneamente unha xornada idéntica. Este ano a Masterclass regresa en formato online, xoves 11 de marzo de 2021 a través da aplicación Zoom.

 

O IES de SAR na TVG

O IES de SAR na TVG

Contra a INTOLERANCIA!!

Un centro de ensino público é un lugar de encontro, un lugar onde se fomenta a liberdade de expresión e o respecto aos que pensan diferente.

Este 8 de marzo rodeamos o muro que nos separa da rúa con lazos violetas. Lazos que nos unen coa rúa, que pretendían simbolizar que a escola sempre ten un pé na rúa porque é sensible ao que pasa aí fóra. E aí fóra as mulleres seguen precisando a complicidade de todos nós para evitar a discriminación de xénero e promover a igualdade en todos os ámbitos sociais. Ás veces un xesto vale moito. Eses lazos violetas quixemos que simbolizaran este 8M a unión e a complicidade de toda a nosa comunidade educativa para seguir a traballar pola igualdade e a non discriminación da muller en ningún ámbito. E tamén para non esquecer que a violencia de xénero provoca moitas mortes inaceptables. Un simple xesto que se viu enturbado por dúas persoas que semella que interpretaron eses lazos como unha provocación. Nestas imaxes recollidas polas cámaras que velan pola seguridade no recinto escolar do IES de Sar poden verses dúas persoas que arrancan eses lazos a plena luz do día. Unha desas persoas, sorprendentemente, é unha muller.

Como docentes e cidadáns resúltanos difícil cualificar estas imaxes, aínda que verdadeiramente as imaxes se cualifiquen por si mesmas. Facémolas públicas para denunciar a intolerancia e a falta de civismo por parte dalgúns.

Os lazos volvemos colocalos onde estaban.

A razón deféndese con argumentos, non con xestos de intolerancia.

Se chegan a verse nestas imaxes as persoas que as protagonizan, queremos pensar que han saber arrepentirse se teñen a dignidade necesaria como para recoñecerse nestas palabras de repulsa indignación que a dirección do noso centro quere transmitir publicamente.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer