Skip to Content

A diversidade cultural centra o V Festival Axenda 21

 Un total de 86 rapazas e rapaces do IES Valga de todos os cursos participaron o pasado 30 abril 2013 no V Festival Axenda 21, celebrado no auditorio municipal en Cordeiro. "Un mundo para todos" foi o lema desta quinta edición, que fixo fincapé na diversidade cultural e a solidariedade entre os pobos. Para máis información prema "Leer máis". Para ver fotos, prema "Galería" .

Para ampliar foto prema a imaxe

Entre moitas outras actuacións, houbo declaracións de amor de famosas obras teatrais de distintos países e épocas; a lectura en inglés de "Irmaos" de Celso Emilio Ferreiro a cargo do lector Ryan McAllister; bailes; rap; unha obra do Grupo Bilingüe de 3º ESO; cantos gospel e música xaponesa; fermosos decorados; pezas de diferentes países interpretadas polos alumnos que pertencen á Banda Municipal de Música; unha exhibición de kárate; un dúo de marimbas; ópera italiana........e, por suposto, imitacións dos profesores (feitas, coma sempre, con moito cariño!).

Enlaces relacionados:

Edicións dixitais

Alumnos y profesores de Valga viajan a través de las culturas de todo el mundo

Festival Axenda 21

Prensa escrita:

Diario de Pontevedra La Voz de Galicia Faro de Vigo

Para ver noticia ampliada prema na imaxe



page | by Dr. Radut