Skip to Content

Viaxe a París de alumnado do IES de Valga

Alumnado de 4º ESO e 1º Bachillerato de 2º lingua Francés realizaron unha  viaxe cultural a Francia do 2 ó 8 de Abril compartindo viaxe con alumnado do IES Universidade Laboral de Ourense.
As distintas actividades e visitas  realizáronse seguindo un itinerario deseñado a tal efecto polas profesoras de Francés. O alumnado do IES de Valga estivo acompañado polas profesoras Fernanda Banet e María José Fernández.
Na Galería  podese ver unha mostra de fotografías realizadas durante a viaxe. Máis información premendo Leer máis. Para ampliar foto prema na imaxe

As distintas actividades e visitas  realizáronse siguindo un itinerario deseñado a tal efecto polas profesoras de Francés. Visitaron os puntos turísticos máis emblemáticos da cidade de París como: Montmartre, place du Tertre, Ópera Garnier, Palais Royal, Place Vendôme, Rue Rivoli , la Madeleine, Place de la Concorde, Jardin des Tuileries, Arc du Carroussel, Musée do Louvre Tour Eiffel, Trocadero, e paseo polo Sena en Bateau Mouche, Champs Elysées y  Arc de Triomphe . Musée d’Órsay, Notre Dame, , les Invalides, , y Musée Pompidou, Jardín de Luxembourg, Hôtel de Ville , Quartier Latin (Université e église de la Sorbonne), Saint Germain. Durante a viaxe tamén se visitaron as cidades de Bordeaux e Saintes así como o château de Chambord e o château Chenonceau del Val de la Loire. Circuito pola cidade e Eurodisney.



page | by Dr. Radut