Skip to Content

Charla arredor do Cine con Ángel de la Cruz e Miguel Anxo Fernández

Charla con Ángel de la Cruz e Miguel Anxo Fernández                Charla con Ángel de la Cruz e Miguel Anxo Fernández

O pasado venres 13 de marzo, tivo lugar na aula de Audiovisuais do noso Centro unha charla coloquio arredor do mundo do Cine a cargo do director de Cine, Ángel de la Cruz, e do crítico de cine, Miguel Anxo Fernández. Alumnado de 1º e 4º de ESO asistiron a unha charla na que Ángel de la Cruz explicou como se realiza unha película de animación e avanzou o seu novo proxecto cinematográfico. Miguel Anxo Fernández, pola súa parte, explicou como é o traballo dun crítico de cine. O acto rematou cunha sesión de fotos arredor dun dos Goya que acadou o director de "El bosque animado" ou "Arrugas".



page | by Dr. Radut