Skip to Content

Alumnado do IES Valga acada primeiros postos na Copa de España de piragüismo

Jonathan Baleirón e J. Antonio Fraga medalla ouro en C-4   Laura González medalla de ouro en K-4   Noa Tourís 5ª clasificada en C-1

   Este fin de semana tivo lugar en Sevilla a Copa de España cadete de piragüismo sobre a distancia de 1.000 metros nas modalidades individuais e de equipo. Os alumnos José Antonio Fraga Souto e Mario Rodríguez Abuín de 3º ESO e Jonathan Baleirón Blanco de 4º ESO do Clube Náutico Pontecesures acadaron o primeiro posto e polo tanto medalla de ouro no C-4. Pola súa banda, a alumna de 4º ESO, Laura González Tubio acadou a medalla de ouro na modalidade de K-4 co seu equipo do Clube Piragüísmo As Torres-Romaría Vikinga de Catoira. Ademais mencionar o quinto posto da alumna de 4º ESO, Noa Tourís do Clube Piragüísmo As Torres-Romaría Vikinga de Catoira na modalidade de C-1. Noraboa campións e sorte en futuras participacións para seguir acadando novos éxitos.



page | by Dr. Radut