Benvidos ao IES Dionisio Gamallo Fierros

IES Dionisio Gamallo Fierros

Para visitar a nosa antiga web pulsa aqui

MAIO

INTERCAMBIO


Día 16. Xa está connosco o alumnado alemán que durante 10 días permanecerá de intercambio. Nese tempo asistirán a algunhas clases, participarán en diversas actividades e visitarán Santiago, A Coruña, Avilés, etc. Agardamos que a estancia lle resulte agradable e que leven un bo recordo destes días.


intercambio 1  


NARF


Co gallo da celebración das LETRAS GALEGAS, o cantautor Fran Pérez, NARF, actuou no salón de actos para o alumnado dos IES Porta da Auga e Gamallo Fierros. A actividade organizárona os equipos de dinamización lingüística dos dous centros. Máis de cen alumnos puideron gozar co concerto didáctico do santiagués, que, ademais de interpretar os temas, foi explicando a orixe de moitos deles e a relación da nosa cultura coa lusofonía. Cremos que a PAZ ANDRADE lle había gustar este acto.  


Se alguén quere volver escoitar a NARF, velaquí unha proposta.


Podedes ver máis fotos do concerto na nosa galería.


NARF


CONCURSO DE ADIVIÑAS


O día14, un equipo formado por alumnado do 1º ciclo da ESO resultou vencedor nun interesante concurso de adiviñas contra un equipo do IES Porta da Auga. Cada grupo tivo escolleu 10 adiviñas clásicas e outras 5 inventadas por eles mesmos. 


A actividade estivo organizada polos equipos de dinamización lingüística dos dous centros e levouse a cabo mediante o skipe. Velaquí unhas imaxes:





ENRÉDATE CON XEITO


O venres 4 de maio os alumnos/as de 2º da ESO participaron na rodaxe do proxecto "Enredate con xeito". A través desta gravación imos apreciar como cambiou a forma de divertirse e relacionarse dos mozos e mozas de hoxe en día con respecto ós anos 80 e 90. As novas tecnoloxías (uso do móbil e a internet) está cambiando a forma na que a xente nova organizan as súas vidas.


ABRIL 2012

SEGURIDADE NO TRABALLO + 23 ABRIL, DÍA DO LIBRO

dia do libro


Hoxe era o día do libro, e no noso instituto apareceron lectores onde menos se esperaba. Boa proba é este personaxe, que está caladiño nun recanto do centro, formando parte da exposición sobre seguridade no traballo organizada polo departamento de FOL e que se pode ver en distintos lugares do centro. (Marisa, desculpa o "atraco").  


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 OBRADOIRO DE "QUEIXO


Os rapaces e rapazas de 2º da ESO tiveron a oportunidade de participar nun taller de queixo, organizado pola Escola "Pedro Murias". Foi unha experiencia estupenda e o mellor... que cada un trouxo un queixo pequeno para probar na casa, que por certo estaba moi bo. No seguinte enlace podedes botarlle unha ollada as fotos que fixemos durante a realización do queixo.


 CLASES SEN FUME 2012


 Velaquí o vídeo realizado polo alumnado de 1º de ESO para participar no proxecto "Clases sen fume".


 VIAXE CULTURAL A XIXÓN 


O 18 de abril, alumnado de 2º de bacharelato realizou unha viaxe cultural a Xixón ( Casa Museo de Jovellanos, Termas romanas,...)

  VISITA Á MOSTRA DE ENSINO DE GALICIA 2012 

   O alumnado de 4º ESO visitou  este venres 13 de abril a Mostra do Ensino de Galicia, organizada pola Consellería de Educación. Asistimos a este evento co obxectivo de coñecer de primeira man as alternativas educativas e profesionais que nos ofrece o actual sistema educativo; destacou en importancia a oferta de formación profesional.

MARZO 2012

ENCONTROS CON ESCRITORES: MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ


Hoxe, día 12, a partir das 12:45, visitou o noso centro Miguel Anxo Fernández para ter un encontro co alumnado de bacharelato.


Miguel Anxo Fernández é profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, cineasta e escritor. É autor de numerosas publicacións relacionadas co cine galego, exerce de crítico de cine na prensa escrita, foi fundador da revista Audiovisual Galego e ten colaborado en distintos programas culturais da radio e televisión galega. Como escritor de ficción, é autor de varias obras que teñen como protagonista o detective Frank Soutelo, entre elas Lume de cobiza, que leu o alumnado de 2º de BAC do noso centro. FOTOS DO ACTO.



UN FUTURO POR COMPARTIR EN IGUALDADE


O día 8 terá lugar a estrea da curta Os tempos cambian e as persoas tamén, que se gravou como resultado do certame de guións convocados polo CIM de Ribadeo dentro da campaña "Un futuro por compartir en igualdade". Ó concurso presentáronse varios equipos dos centros de ensino de Ribadeo que imparten ESO. Máis información na web ribadeomuller.


As curtas das dúas edicións anteriores, que tamén gañaron equipos do noso centro, poden verse no espazo do EDL da nosa web.


CHARLA PROFESOR DA USC


   Este venres 2 de Marzo, un profesor do campus de Lugo da Escola Politécnica, informou dos estudos que ofrece a Universidade de Santiago o alumnado de 2º curso do ciclo superior e de bacharelato. Entre outros temas, destacou a importancia das bolsas de estudo e a posibilidade de solicitar residencia universitaria.


CADA OVELLA COA SÚA PARELLA


Alberto Yanes Blanco, de 1º de ESO, resultou gañador do concurso "Cada oveja con su pareja" organizado polo departamento de Lingua e Literatura Española, consistente en relacionar debidamente unha serie de textos, fotos e nomes de escritores. Como premio, recibirá un vale por 30 € para consumir en Pizzbur, por xentileza dese establecemento. Noraboa a Alberto!


Alberto Yanes

FEBREIRO 2012

PARLAMENTO XOVE


Os días 24 e 25 os alumnos do noso centro Paula Seco, Mercedes Awad, Irene Pacheco, Sonia Polders, Noel Redondo, Antía Fernández, Tatiana Palacios e Jairo Villamil participaron na 3ª edición de Parlamento Xove, unha iniciativa do Consello Xeral da Xuventude coa que se pretende fomentar no alumnado o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.


Podedes ver o desenvolvemento destas sesións nesta galería de FOTOS.


ENTROIDO 2012


17 de febreiro. Celebramos o entroido. Mellor velo ca contalo. Velaquí as imaxes.


Entroido 2012


14 DE FEBREIRO: DÍA DOS NAMORADOS


Co gallo da celebración do día dos namorados, o Equipo de Dinamización Lingüística organizou o xa tradicional certame de cartas de amor, amizade ou afecto. Trátase dunha iniciativa con moi boa acollida entre a comunidade escolar, que responde masivamente introducindo na caixa do amor numerosas cartas. Hoxe, os carteiros pasarán polas aulas facendo entrega da correspondencia e agasallarán cun pequeno detalle a todos os que reciban cartas.


14 febreiro


10 de FEBREIRO: TEATRO EN FRANCÉS : CRYRANO DE BERGERAC.


Alumnado da optativa de Francés de 1º de bacharelato e 4º da ESO asistiron á obra de teatro en francés "Cryrano de Bergerac"  o venres 10 de febreiro no IES Cruceiro Baleares da Coruña.


9 de FEBREIRO:  VISITA Á USC DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO.


Os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato fixeron un percorrido polas diferentes Facultades da Universidade de Santiago de Compostela. No campus Norte visitaron a Facultade de Mediciña e Enfermaría, a Facultade de Económicas e Empresariais e a de Ciencias da Comunicación . E no campus Sur, tamén chamado campus Vida, visitaron as facultades de : Física, Matemática, Enx. Informática, Bioloxía, Psicoloxía e CC. da Educación. O xantar tivo lugar no Comedor Universitario Monte da Condesa.


1 e 2 DE FEBREIRO:  GRAVACIÓN DA CURTAMETRAXE GAÑADORA " OS TEMPOS CAMBIAN E AS PERSOAS TAMÉN"


Iago Basich, Alejandro Fernández e David Fernández, alumnos de 3º de ESO, gañaron o 1º premio do III Certame de CINE NAS AULAS PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE.  " Os tempos cambian e as persoas tamén" conta a historia dunha familia que ó longo dos anos vai modificando a súa forma de actuar e pensar e polo tanto, os estereotipos familiares do que se considera tipicamente masculino ou feminino.  


A CORRESPONSABILIDADE E IGUALDADE EFECTIVA ENTRE HOMES E MULLERES son algún dos aspectos que poderedes visualizar na curta, que se estreará o 8 de marzo . 



Distribuir contido