Correlingua 2012
O alumnado de 3º de ESO e 4º de Diversificación participou no Correlingua da Coruña o venres 4 de maio.
V Encontro IES Elviña-IES Agra de Leborís
Celebrado o 25 de abril no IES Agra de Leborís (A Laracha)
Viaxe a Mondoñedo e a Mariña Lucense
Os alumnado de 4º ESO B, gañador do concurso literario organizado polos departamentos de galego e a biblioteca, viaxou a Mondoñedo e a Mariña Oriental lucense. Foi o 19 de abril. Vemos aquí un resumo fotográfico do día.
Visita a Santiago organizada polo departamento de Educación Plástica e Visual e Historia da Arte
Visita de 4º de ESO de educación plástica e visual e 2º Bacharelato de historia da arte a Santiago o 10 de abril.
Foron ver a Cidade da Cultura para que coñecesen, e puidesen despois analizar, unha polémica e peculiar obra de arquitectura contemporánea. Á vez que dentro de tan singular edificio puidesen visitar brevemente dúas exposicións, Inside de arte contemporánea actual, e Os inicios do cómic en Galicia.
Tamén visitaron o Auditorio de Galicia, cuxa sala de exposicións acollía unha magnifica e extensa exposición do fotógrafo e premio nacional de fotografía Chema Madoz.
Observando a maqueta da Cidade da Cultura
Vídeo da actuación de César Morán
A Biblioteca quere manifestar o seu agradecemento a Carlos pola realización deste fermoso vídeo.



