Skip to Content

Taller de banda deseñada de José Domingo para o club de lectura de Elviña

O venres 15 de maio asistimos no Ágora a un taller de banda deseñada impartido polo premiado José Domingo; o artista explicounos o proceso creativo desde os seus inicios: idea xeral, confección do guión, bocetos, debuxos iniciais e entintado dos mesmos, coloreado e revisión final. E non só iso; ofreceunos unha primicia mundial: os bocetos do seu novo libro sobre un par de rapaces aventureiros (Pablo e Jenny) que vai ser publicado en outubro. Agardamos impacientes. Mentres tanto se queredes ver varios dos seus debuxos podedes facelo aquí...

 

 

E para completar o día disfrutamos da música e da poesía de Aldao-Lado; dúas fantásticas artistas que xa están no Olimpo dos nosos preferidos:



page | by Dr. Radut