Iniciar sesión |
MúsicaPondo en marcha o apartado da web: "Alumnado"Enviado por iesproval en Sáb, 2009-09-26 15:03.
Nos diferentes apartados do menú Alumnado preténdese a participación de alumnos e alumnas que teñan algo que decir sobre o deporte, a música, a actualidade ou ben para colgar as súas creacións artísticas (música, video, fotografía, pintura, etc). Para colaborar só hai que anotarse na Xefatura de Estudios ou ben mandar un comentario a este post indicando nome e curso. Para empezar vimos de por unha interesante e útil información sobre sitios gratuitos de música en streaming que nos dan acceso a miles e miles de cantantes e grupos de todo o mundo o que permite, entre outras cousas, non estar supeditados a escoitar únicamente a música das radiofórmulas comerciais. Contamos coa participación de todos e todas. ( categories: )
Alternativas gratis a Last.fmEnviado por iesproval en Sáb, 2009-09-26 14:30.
Desde que Last.fm empezou a funcionar en 2002 van máis de 30 millóns de personas rexistradas en todo o mundo. A súa filosofía era ofrecer, gratis, música en streaming (sen necesidade de descargarla ao ordenador) de grupos de todo o mundo. Pero dende marzo deste ano o servicio require unha suscripción de tres euros mensuais se se desexa utilizar Last.fm dende calquera país que non sexan os Estados Unidos, Reino Unido ou Alemania, segúndo anuncia a páxina de forma oficial no seu blog. O motivo é que únicamente nos países citados é rendible a publicidade inserida na páxina de Last fm e pagar así os dereitos de autor. A pesar desta pésima decisión para os seguidores galegos de Last.fm hai outras alternativas gratuitas para escoitar música en internet, esto é, hai vida máis aló de Last fm. A xente de Genbeta, unha estupenda páxina sobre a web e o software, fixo unha lista de servicios gratuitos de música en streaming. De todos eles, Spotify merece especialmente unha visita, parece mellor aínda que Last.fm
( categories: )
|