Animación á lectura

Como consultar que libros hai na biblioteca

Enviado por iesproval en Mér, 2008-02-27 17:52.

Xa se poden consultar a través da web que libros e publicacións hai na biblioteca do Centro. Se prememos en Biblioteca, menú superior desta páxina, entramos na web da Rede de Bibliotecas de Galicia (RBG), que nos dá acceso aos fondos das bibliotecas galegas.

Por defecto entramos na biblioteca do IES Escolas Proval pero a través do menú lateral podemos acceder a calquera das bibliotecas escolares ou municipais de Galicia. No menú superior da páxina da RBG hai unha axuda que explica claramente como facer consultas e solicitar préstamos.

A partires de agora non valen desculpas para non ler. Só nas bibliotecas do Val Miñor temos miles de títulos á nosa disposición.

( categories: )

Guía de lectura de cómics

Enviado por iesproval en Mér, 2009-04-01 10:50.

A biblioteca ven de publicar unha guía de lectura de cómics. Pódese descargar premendo no ficheiro adxunto.

( categories: )

Fallo do Concurso de Fotografía e Debuxo

Enviado por iesproval en Ven, 2009-03-13 16:11.

Traballo diario

Esta é a foto premiada no concurso de  fotografía e debuxo sobre o tema "A muller e o traballo". O seu título é "O traballo diario" e as autoras son Anabel e Raquel, de 4º da ESO. Parabéns.

O xurado decidíu dar dous accésit ás fotos "Igualdade nas túas mans"  de Marta e Aurora, 3º de ESO e "Traballando xuntos" de Diego Carneiro, 4º  da ESO. Noraboa tamén para estes alumnos e alumnas. 

( categories: )

Funcionamento e normas de uso da Biblioteca

Enviado por iesproval en Mér, 2009-01-28 19:24.

As normas de uso e funcionamento da biblioteca do Centro, lectura en sala, préstamos e todo oque hai que saber sobre como sacar o mellor proveito da estupenda colección de libros, cómics, música e videos de que dispomos, pódense ver na presentación (Powerpoint pps) que sigue como arquivo adxunto.

( categories: )

Guía de lectura de libros sobre a igualdade de xénero

Enviado por iesproval en Mér, 2009-01-28 19:17.

guía de lecturaA biblioteca ven de publicar unha guía de lectura de libros sobre a igualdade de xénero. Pódese descargar premendo no ficheiro adxunto

( categories: )