Skip to Content

Axudas para a adquisición do material escolar para o curso 2015/16

 

No DOG do 1 de setembro de 2015 publicouse a Orde que regula estas axudas.

- Están dirixidas ao alumnado que cursa educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos.

- Prazo: do 02/09/2015 ao 01/10/2015.

- Renda per cápita: A renda per cápita da unidade familiar debe ser igual ou inferior a 5.400 €. A estes efectos tense en conta a renda correspondente ó exercicio fiscal do 2013 (casiñas 366+374 divididas entre o nº de membros que integran a unidade familiar).

- O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia terá dereito á axuda, con independencia da situación familiar e do nivel de renda.

- Contía da axuda: 50 € por alumno/a.

- Determinación da unidade familiar: A data de referencia para determinar a composición da unidade familiar é o 31/12/2013.

- Impreso de solicitude: Pode descargarse aquí ou recollelo na conserxería e presentalo na secretaría do centro.

- Documentación que debe acompañar a solicitude:

  • Copia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar a 31/12/2015. No caso de non telo pode presentarse outra documentación como certificado ou volante de convivencia, informe dos servicios sociais ou sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a causante.
  • Se non autorizan a consulta telemática dos datos de identidade: Copia do DNI/NIE de todos os membros da unidade familiar.
  • Se non autorizan a consulta telemática dos datos fiscais: Declaración da Renda das Persoas Físicas do 2013 ou certificado tributario de imputacións.
  • Se algún dos membros da unidade familiar ten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% deberá presentar a documentación acreditativa.
  • O alumnado en tutela ou garda legal da Xunta de Galicia deberá presentar a resolución acreditativa do acollemento ou certificado do centro de menores.


page | by Dr. Radut