Skip to Content

Alumnado ganador do concurso de relato oral

 

 CONCURSO DE RELATO ORAL. 

 Contos de medo: “Do Samaín ao san Martiño andan as almas polo camiño”

 

Xa coñecemos o alumnado gañador!!!

  • CATEGORÍA A: alumnado 1º/2º ESO e PMAR

    1º PREMIO (vale cafetería 20€) para Yago Vives Rubio (1º ESO B)

CATEGORÍA B: alumnado 3º/4º ESO, FPBÁSICA e PDC

    2º PREMIO (vale cafetería 15€) para Rita Álvarez Araújo e Isis Acea.

Parabéns polos vosos relatos e agradecemento a todas e a todos os participantes un ano máis de parte da organización!!

Equipo de Dinamización da Lingua Galega, departamento de Galego, Equipo de Dinamización da Biblioteca.

 

 

 

Convocatoria de bolsas Erasmus+ para alumnado de ciclos medios de FP

Publicada  a acta das solicitudes seleccionadas das primeiras mobilidades en empresas europeas dirixidas a alumnado de ciclo medio recién titulado ou en período extraordonario de FCT.

Presentación curso 2022-23

 Este próximo xoves, 15 de setembro, as 18:00 h. terá lugar no salón Multiusos do instituto o acto de presentación do curso dirixido ás familias dos grupos de ESO, FPB, PMAR, PDC e Bacharelato co equipo directivo e titorasres destes grupos.

 Agradecedendo de antemán a súa asistencia, 

saúdos do Equipo directivo do IES Escolas Proval 

INICIO CURSO 2022-23

Arrancamos o curso académico 2022-23 este xoves 8 de setembro en todos os niveis!

  • Os grupos da ESO, bacharelatos e FPBásica terán a presentación e benvida de titoras/res ás 8:45 h. A seguir, as clases desenvolveranse conforme ao horario habirual ata as 14:30 h.
  • A presentación do alumnado de ciclos medios e superiores de Administración e Finanzas e de Electrónica (diúrno) ás 10:30 h. da mañá.
  • A presentación do alumnado da ESA, ao igual cá do alumnado de ciclos medios e superiores de Administración e Finanzas e de Electrónica (nocturno), terá lugar ás 18:10 h. da tarde.
  • Desde ese mesmo día 8 os autobuses realizarán os diferentes traxectos no seu horario habitual e usarán as paradas ordinarias (poden consultar os diferentes itinerarios, paradas e horarios nesta ligazón). Como sempre, ten dereito lexítimo ao uso do transporte escolar o alumnado da ESO e FBBásica; con todo, de haber sitios libres, podería tamén facer uso del o alumnado de bacharelato.
  • Os cursos de cada nivel poden consultarse na parte cuberta da entrada principal do claustro.
  • As sesións de presentación coas familias confirmaranse nos próximos días por abalar.

Saúdos e forza para este novo curso que promete moitas novidades!

 

Libros de texto para o curso 2022-23

Pódense consultar os libros de texto para o vindeiro curso premendo nas imaxes da táboa:

 

ADVERTENCIAS:

  • Recoméndase non escribir o nome do/a alumno/a nos libros nin forralos ata comprobalos na clase.
  • Recoméndase non comprar os libros das materias optativas ata ao comezo do curso por se finalmente non saen estas materias.
Distribuir contido


by Dr. Radut