Despois dun ano de intercambio epistolar continuado entre o alumnado de 1º bacharelato do IES Escolas Proval co do IES Francisco Daviña Rey, por fin tivo lugar o encontro o pasado 20 de xuño. A nosa rapazada por fin puido pórlles cara aos e ás remitentes das súas cartas no contorno paradisíaco das illas Cíes...
E nesta ligazón podedes ver as fotos deste intercambio
María Xosé González Chamorro foi profesora de Secundaria no IES Escolas Proval, entre os anos 1992 e 2018. Neste período, compatibilizou a súa docencia con labores de investigación, traducción, dinamización,... E na súa obra reflíctese o seu compromiso continuo coa súa terra e a súa lingua galega.