Skip to Content
Erasmus-Programas Europeos











FSE

Fotos da entrega de premios Rita Suárez Amado, abril de 2016

Xa están á vista as máis de trescentas fotos do acto neste enlace.

 

Graduación dos alumnos de 2º de Bacharelato

O pasado venres 20 de maio celebramos a festa de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. Fixemos a macro foto nas escaleiras ás seis en punto e logo desprazámonos ao salón de actos da Facultade de Economía e Empresa que xentilmente nos cede o Decanato desa facultade e a Universidade da Coruña. Alí dirixiuse aos presentes en nome do claustro o catedrático de inglés D. Carlos Vázquez Furelos, e respondéronlle, en nome do alumnado, Paula Cabaleiro Puentes e Alejandro Brao González. Esta promoción foi particularmente boa: temos propostos para matrícula máis de doce graduados. Parabéns á promoción do 2015-16, ás súas familias, e ao seu profesorado!

(Texto de Charo Soto Arias. Enlace á noticia. Fotos de Pedro R. Porca e outros)


 

Convocatoria dos Premios Extraordinarios de Bacharelato 2015/16

Fai clic para ver a convocatoria completa.

Actualización 20 de maio de 2016: Facémonos eco do texto remitido polo Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo:

"O día 26 de abril, saíu publicada no DOG a Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016 (DOG do 26). A dita orde presenta algunhas novidades que xa foron incluidas na convocatoria do ano pasado e que se sinalan a continuación, xunto con outra información de interese:

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016 (artigo 4. da orde de convocatoria). O prazo rematará o 3 de xuño de 2016.

2. As solicitudes serán subscritas directamente polas persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, de ser o caso, polos/as representates legais dos/as solicitantes.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, tamén poderán presentarse en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo.

3. Os centros educativos informatizarán os datos da solicitude na aplicación informática
https://www.edu.xunta.es/premiosbac/ a instancias do alumnado interesado e remitirán o documento xustificativo de transferencia de datos ou remitirán o citado documento a instancia da administración educativa. Enviarano á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela a seguinte documentación.

O procedemento dos centros está establecido no artigo 6 da orde de convocatoria.

4. Para os centros educativos, non se contempla a posibilidade de presentar as solicitudes do alumnado. Estas deberán ser presentadas directamente polas persoas interesadas dentro de prazo.

5. Os centros educativos deberán difundir a convocatoria destes premios e transmitirán a información entre o alumnado que cumpra os requisitos de participación. 

Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo
Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo"

Axudas para a adquisición de material escolar na ESO

A Xunta de Galicia ven de publicar no DOG do luns 16 de maio de 2016, a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

O prazo rematará o 23 de xuño. Máis información, neste enlace.

 


 

 

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado 2016. Publicación das listaxes

O Servizo de Ordenación, Innovación e  Orientación Educativa ven de publicar a lista de alumnos admitidos (Anexo I), pendentes de correccións (Anexo II) e excluidos (Anexo III). Fai clic neste enlace para vela.


 

Vive la Francophonie!!!

O pasado martes, 10 de maio, vestidos coas nosas camisetas verdes, conmemorativas do evento,  os alumnos de 1º e 2º da ESO e mais un grupiño de 1º de bacharelato desprazámonos ata As Pontes de Gª  Rodríguez para asistir, xunto con outros centros de toda Galicia, ao festival da Francofonía que este ano era organizado por este concello coruñés.
 
 

O acto celebrouse ao lado do lago, nun lugar ben fermoso a pesares da chuvia que empezou a caer cando o festival ía xa rematando. 

Tódolos centros participantes levaban varias cancións que interpretaban e bailaban os seus alumnos. Nós o fixemos con 5 cancións que traballaramos nos recreos dende hai mais dun mes. 

Os  primeiros da ESO cantamos todos unha mesma canción, "L'oiseau et l'enfant" de Marie Myriam, tema xa vello e clásico da música gala que se deu a coñecer no Festival da Eurovisión de hai uns cantos anos. Á nosa profesora de francés, Chelo, gustáballe moito e nola propuxo cando nos falou de irmos cantar aló. (enlace ao video)

Os de segundo da ESO prepararon varios temas: os que teñen francés coma primeira lingua presentaron una canción de Louane "Jour 1 " acompañados á guitarra polo seu profesor Juan Carlos. (enlace ao video)

Os outros grupos de segundo da ESO cantaron respectivamente: "Le lion est mort ce soir" , "Papaoutai" de Stromae e mais "Elle me dit" de Mika. Todos eles prepararon as coreografías correspondentes e polo que aplaudía o público, creo que lles gustamos a todo o mundo. (enlace ao video)
 
O grupiño de 1º de bacharelato bailou e cantou unha canción de rap "Celui" de Colonel Reyel, foron dos primeiros en actuar, xa que o festival empezaba polos maiores e terminaba por nós, os de 1º da ESO. Fixérono moi ben. (enlace ao video)

Non podemos esquecernos da actuación de José el Francés, que interpretou varias das súas cancións de ritmo flamenco pero que se dirixía a nós en francés, por ter nacido alí. Estivo moi simpático en todo momento e ata invitou á teniente de alcalde de As Pontes a acompañalo nunha canción flamenca.

Ao remate do festival desprazámonos ata a Fraga, outro lugar ben bonito do concello, eso sí sempre acompañados pola chuvia. Alí puidemos xantar ainda que tivo que ser a cuberto. Foi unha mágoa non poder disfrutar máis da zona, pero prometimos voltar. Se o ano que ven se volve facer nas Pontes, alí estaremos coas nosas cancións.
 
(La Voz de Galicia recolleu nesta noticia o alí acontecido)
(texto da prof. Chús Quintáns)

Excursión do departamento de Relixión Católica a Pontevedra

O pasado 10 de maio, os alumos de Relixión Católica fixeron un percorrido polas rúas da Pontevedra histórica, contemprando prazas, rúas e edificios, e en xeral o seu urbanismo. Tamén pararon na Basílica de Santa María, a Peregrina e San Bartolomé, Eugenio Montero Ríos e Pazo de Lourizán. Un legado difícil de igualar. Non deixaron de coñecer os tesouros que o Museo provincial de Pontevedra alberga.

(O texto é do profesor Antonio Fondo, as fotos, da alumna Pilar López de la Osa)

 

 

Listaxe definitiva de admisión para o curso 2016-2017

(Para ver as listas fai clic no título desta entrada)

Distribuir contido


by Dr. Radut