Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Intercambio I.E.S. Eusebio Da Guarda - Collège Irène Joliot-Curie

 

 
Os alumnos teñen a palabra.
 

1.- “Eu definiría este intercambio con tres palabras que penso que o describen á perfección:

emocionante, inesquecible e enriquecedor.

 

Aínda que este intercambio foi o primeiro que fixen, estou chea de ledicia por poder realizalo e asegúrovos que, se algunha vez tedes a posibilidade de ir, saberedes que é unha experiencia incrible e que paga a pena vivila.

 

Esta viaxe non só me serviu para coñecer diferentes culturas e persoas, senón tamén para mellorar o meu francés e darme conta de que o mundo e a súa diversidade son moito máis grandes do que  imaxinara.

 

Coñecín  unha familia encantadora da que me namorei, pois fíxome sentir coma se estivese na miña casa e coidaron de min coma un membro máis da familia.

 

Dende o primeiro  momento compenetrei moi ben coa rapaza francesa que me tocou e sempre estivemos xuntas. Ambas puxemos en práctica o noso francés e castelán, pasámolo moi ben coas nosas amigas, e o máis importante, fixemos novas amizades.

 

Aprendín a ser máis consciente dos meus alcances e límites, polo que aumentei a confianza en min mesma e a miña capacidade de ser independente. Expandín a miña visión do  mundo e  viaxei para coñecer novos lugares, descoñecidos para min ata entón.

 

Agora que xa estou de volta e miro a miña maleta, sei que non só traio comigo bens materiais, senón tamén aprendizaxe, experiencias e emocións, recordos, e vínculos, que sen  dúbida, valen calquer esforzo.

 

 

"O mundo é un libro, e aqueles que non viaxan, len tan só unha páxina".

 

Para finalizar, quero darlle as grazas a todas esa persoas que fixeron posible que o intercambio se levara a cabo.  

                                                       

                                                                    Un saúdo, Carolina Sanmartín Pérez, 3ºA.”

 

 

 

 

2.-“Intercambio A Coruña-Fontenilles 2016

Aínda me parece que foi onte cando saltaba de emoción ó ver o meu nome na listaxe de admitidos ao intercambio de Francia e, sen darme conta, xa estamos de volta.

Atrás quedan os preparativos para recibir aos nosos “corres”, a festa de despedida que con tanta ilusión lles preparamos, as largas horas de autobús, o día da súa festa (na que bailamos e cantamos sen parar, ata quedar sen voz e case romper as pernas)...

É, sen dúbida, unha vivencia moi recomendable,non só polo aprendizaxe da lingua francesa (que é o motivo principal polo que se impulsa esta actividade), senón tamén porque quizais sexa a primeira vez que saes só da casa, e iso fai más independente ás persoas. Ademais coñeces unha cultura diferente, convives durante uns días con unha familia que no é a túa...

Xa só quedan recordos desta marabillosa experiencia, pero seguiremos mantendo viva a amizade que comezamos aló polo mes de outubro. Levaremos sempre no noso corazón a Fontenilles e a súa xente. Hasta sempre!

Guillermo Alonso-Jáudenes,  3º A”

 

 

3.- “Este intercambio foi unha gran e marabillosa experiencia. Grazas a el tiven a fantástica oportunidade de perfeccionar e aprender un idioma e cultura excepcionales, descubrir a gastronomía da zona, ver algunhas cidades e coñecer parte da súa historia con xogos. Nesta viaxe paseei por Toulouse, onde visitei moitos lugares (o Capitolio, a basílica de Saint Sernin...) e aprender cousas deles con entretidos xogos; estiven en Auch, onde probei deliciosos platos, coñecín a catedral...; visitei museos, como a Cité de l'Espace, un museo con temática espacial...  

 

Tamén puiden coñecer a unhas estupendas persoas, e observar de preto o día a día dunha familia francesa.

 

En resumen, volvería a Francia sen dubidalo e recomendo a todo o mundo participar nesta actividade.

Sabela Tembrás,  3º A”

 

 

4.-≈A  miña experiencia en Francia ≈

O domingo día tres, ás sete da mañá, saía da praza de Pontevedra un autobús que nos levaría aos meus compañeiros e a min rumbo a Fontenilles para devolverlles a visita aos nosos corres franceses, aos que tanto botáramos en falta dende o mes de outubro.

 A recibida foi magnífica, eu saín correndo a abrazar a miña corres, Chloé. As familias acolléronos moi ben, fixéronos sentir como un membro mais da familia. Acudimos a unha festa de benvida e outra de despedida na que cantamos unha canción de Zaz , ademais algúns de nos, interpretamos unha pequena obra chamada " Madame Martin ". 

Fixemos moitas visitas nas que aprendemos moito tanto do idioma coma da cultura francesa. Fomos a Toulouse onde percorremos a cidade nun tren turístico, visitamos o Capitole e o mercado de Víctor Hugo. Tamén visitamos Auch acompañados dos nosos amigos franceses onde estivemos nunha escola de hostalería na que aprendemos a cociñar algúns pratos franceses. Fomos á Cité de l´Espace onde aprendemos moito sobre os astronautas e mesmo nos sacamos unha foto cun foguete e visitamos unha estación espacial.

Foi unha experiencia única e inesquecible que recoméndolle a todo o mundo, na que aprendín moito e fixen moitos amigos. Eu xa estou desexando que a miña corres me visite de novo no verán !!

 

Paula Santalla Estévez,  3º A”

 

 

(Para ver as láminas fai clic aquí)



blog | by Dr. Radut