Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Cazatesouros.Palabras, imaxes e música desde o Instituto Eusebio da Guarda.

Máis sobre a charla do doutor Ángel Carracedo no Eusebio

A conferencia que o destacado cientíco galego Dr. Ángel Carracedo deu o pasado 20 de xaneiro no Eusebio foi certamente un dos actos máis salientables deste curso do 125 aniversario. O blog do club de lectura do instituto, Cazatesouros, recolleu nesta entrada dito acontecimento.

Agora podedes ver máis fotos do acto facendo clic neste enlace.


 

Conferencia de Ángel Carracedo no Eusebio

O pasado mércores 20 de xaneiro, o doutor Ángel Carracedo impartiu unha conferencia maxistral no noso centenario instituto.

Podes atopar a crónica e fotos do senlleiro acto, ao que asistiu o Excmo. Alcalde da Coruña, neste enlace de Cazatesouros, o blog do club de lectura.

 

Máis: "Para que surdan moitas máis figuras como a do doutor Ángel Carracedo é necesario mimar a educación pública"

 


 

Chocolate con churros dos membros do Club de Lectura de 1º ESO

Os rapaces do Club de Lectura de primeiro da ESO, na chocolatada de Nadal, deséxannos unhas boas festas.


 

Concurso Gañapuntos, quinta semana

“CELEBRAMOS QUE TEMOS OLLOS PARA LER”

 

Pregunta: Quen escribiu estas fermosas palabras? (2 puntos)

 

A Virxe das Angustias, enclavada no reverso de moitas cruces de pedra, non é a Piedá dos escultores; é a Piedade creada polos canteiros.

 

Os nosos canteiros, deixándose levar polo sentimento, non podían imaxinar un home no colo da nai.

 

Para os artistas canteiros, Xesucristo sempre é pequeno, sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos pequenos nos colos das nosas nais.

 

 

Reparade nos cruceiros e descubriredes moitos tesouros.


Concurso gañapuntos e Día Internacional da Biblioteca

 24 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA.

A Unesco declarou o venres 24 de outubro Día Internacional da Biblioteca. Con tal gallo, o noso Instituto vai dedicar a semana do 20 ao 24 deste mes á distintas conmemoracións.

 Así, a pregunta desta semana do Concurso Gañapuntos vai estar dedicada ás Bibliotecas en xeral e ás nosas, ás coruñesas, en particular.

 

PREGUNTA: Que exposición está realizando a Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC? (1 punto)

 

NOTA:

Tendes a resposta pinchando nun destes enlaces:

 


 

Carteis do día de Rosalía de Castro

Seguramente recordaredes que hai uns días celebramos o nacemento de Rosalía de Castro cun Maratón de Lectura Solidario. Velaiquí algúns dos carteis que fixeron os alumnos para celebrar esa onomástica.

 

Concurso Gañapuntos: Decimonovena semana

 HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

 CONCURSO GAÑAPUNTOS

 19ª SEMANA. 19ª PREGUNTA

 

Hai dúas maneiras de ir pola vida: como romántico e como clásico. O romántico, cando perde as ilusións, desespérase, faise escéptico e xa non cre en nada. O clásico, polo contrario, ó perde-las ilusións consegue a madurez e con ela a serenidade, acepta as súas limitacións e atinxe a aurea mediocritas, que é a súa maneira de ser feliz”.

 

Isto dicíao Ramón, personaxe deseñado pola escritora Marina Mayoral. A que obra pertence este fragmento? (1 punto)

 


 

Concurso Gañapuntos, decimoitava semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

18ª SEMANA. 18ª PREGUNTA

 Rosa vermella, Rosa vaidosa, Rosa triste dos meus días todos!

 Ven canda min, mentres eu canto ao xeito antigo

 a batalla de Cuchulain contra a marea amarga.

 

Quen é este Cuchulain ao que alude Yeats? (1 punto)


 

Concurso Gañapuntos, decimosétima semana

O NOSO CORAZÓN É UNHA ROSA DE CEN FOLLAS. OU CEN LIBROS

SEMANA 17ª. PREGUNTA 17ª

 

 

Saberías dicirnos o título  dun libro de ciencia ficción que alude á temperatura á que arde o papel? (1 punto)


Concurso Gañapuntos, decimosexta semana

CONVIVIMOS COS LIBROS

16ª SEMANA. 16ª PREGUNTA

 

 

Cal é o nome de pía do personaxe alcumado “O inglés”, que aparece no relato homónimo dentro do libro Retrincos de Castelao?

 


Concurso Gañapuntos, decimoquinta semana

HABITAMOS OS LIBROS

15ª SEMANA. 15ª PREGUNTA

 

 

No relato “Fría Hortensia”, pertencente ao libro Aqmor de Artur de X. L. Méndez Ferrín, hai un pote capaz de resucitar aos guerreiros mortos en combate (despois de mergullalos nel). Como se chama ese pote? (1 punto)


Concurso Gañapuntos, decimocuarta semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

CONCURSO GAÑAPUNTOS

14ª SEMANA. 14ª PREGUNTA

 

 

As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia é o título dun libro publicado no 2006 por Antonio Balboa Salgado. A pregunta é: sabes dicir o nome dalgunha das numerosas cidades ou vilas asolagadas de Galicia? (1 punto)

 


Concurso Gañapuntos, decimoterceira semana

CONCURSO GAÑAPUNTOS

13ª SEMANA. 13ª PREGUNTA

CADA PALABRA É UN MUNDO

 

¿Quen vai querer a un fidalgo idealista, trasnoitado e probe? O meu pazo de Lugo estáse afundi[n]do polos catro ángulos e cando fun aló atopéi os pergameos do Arquivo servindo de tapadeira ás olas da manteiga”.

Así fala o tío Adrián, home extraño na aldea e moito máis na vila (un bo prototipo de ser galego con conciencia). Aparece no libro A maorazga, de D. Ramón Otero Pedrayo.

 

A pregunta é: a que triloxía pertencen os tres libros que forman un todo (Os señores da terra, A maorazga e mais O estudante)? (1 punto)

 


 

Os libros no cordel

A Biblioteca do Eusebio escolleu está orixinal forma de anunciar as súas novas incorporacións. A idea dos "Libros no cordel" vén dunha antiga tradición de venda dos libros nas feiras. Aquí tes unha mostra. Cómics e libros agardan que os acollas nos teus soños de cada día. A que esperas?

 

Concurso Gañapuntos, undécima semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB.

A IMAXINACIÓN AO PODER

 

11ª SEMANA. 11ª PREGUNTA

 

 

 

Un grifo violento, moito máis que aquel que dá nome ao noso club, se abate contra os viaxeiros… Hai unha loita cun dragón, e hai unha illa-peixe. Brandán e os outros catorce viaxeiros navegan sete anos. O autor deste libro dedícallo á raíña Matilde na corte anglo-normanda no século XII. A pregunta é: Como se titula o libro? (1 punto)


Concurso Gañapuntos, décima semana

 HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

 VIVIMOS RODEADOS DE PALABRAS

 

10ª SEMANA. 10ª PREGUNTA

 

 

Hai un relato do coruñés Luís Rei Núñez onde se fala do decálogo do adestrador arteixán do Deportivo. O primeiro mandamento fala de apoiar o compañeiro, etc., etc. Bonito. A pregunta é:

 

Como se titula ese relato?  (1 punto)

 


 

 

 

Concurso Gañapuntos, novena semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB 

9ª SEMANA. 9ª PREGUNTA

 

A POESÍA DELONGA A VIDA 

O silencio da noite constelou a cidade

e escura luz esplende na vella pedra núa.

O vento mariñeiro canta na inmensidade

e sobe o mar amigo compasado de lúa.

 

O cristal tremolece na fondura da ría.

Na noite mariñeira son diamantes as horas,

e se cadra hai no mar unha melancolía

de alteirosas historias e cantigas sonoras.

 

Talvez luz ardorosa no fondo do mar dorme,

talvez se xeste ó lonxe un claro vento enorme

e os cabalos do abrente veñan galopear,

 

pero a noite é serena e vella a fría pedra,

e o silencio é de prata que leveda e que medra,

e sombrea a cidade receoso estrelar.

 

A PREGUNTA É: a que cidade dedica este soneto o poeta Darío Xohán Cabana?

(1 punto)


Concurso Gañapuntos, sétima semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB.

SOÑAMOS CON LIBROS.

7ª semana. 7ª pregunta

 

O insigne escritor Alexandre Herculano recolle entre as súas páxinas unha lenda medieval, documentada no norte peninsular no século XI. Titulouna A dama de pé de…

 

A pregunta é: En forma de que tiña os pés a dona da lenda de Herculano?

Concurso Gañapuntos, sexta semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

 6ª SEMANA. 6ª PREGUNTA

Que é o "Caderno Escocés"? 

Concurso Gañapuntos, quinta semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

A POESÍA DÁLLE LUZ AO MUNDO

5ª SEMANA. 5ª PREGUNTA

Ese Benito Soto leva a morte nos ollos” -asegurou no buró da Casa de Barcia o Contramestre Vesgo.

De todos modos Victor Hugo xa está a salvo en Guernesey”- comentou Marcoff despois de cuspir tabaco e flemas varias, ben sentado nun norai da doca de Pensanze.

Distribuir contido


by Dr. Radut