Skip to Content

Proxecto Voz Natura

 

Este curso 2010-2011 o IES Faro das Lúas iniciou a súa andadura en Voz Natura cun proxecto denominado “As augas en Vilanova”.

ligazón á noticia na voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/11/22/0003_8864391.htm.

 

O alumnado implicado neste proxecto é básicamente de 1º, 2º de ESO e 3º de Diversificación, ainda que para certas actividades, contamos coa implicación de todo o alumnado do instituto.

Se queredes saber detalles sobre as actividades realizadas e aportar alguna suxerencia podedes acceder ao blog no enderezo http://blogs.voznatura.es/iesfarodasluas/.

Entre as accións levadas a cabo, destacan:

  • A análise in situ de nitratos e pH das augas dos pozos de Vilanova, e confección dun mapa cos puntos de contaminación/potabilidade da conca hidrográfica villanovesa.

 

  • Exposición de traballos realizados ao longo do curso polos rapaces (clasificación de cunchas, identificación de organismos microscópicos acuícolas, elaboración de fósiles mariños, etc).

 

Actividades a realizar próximamente:

  • O próximo día 29 de marzo, os alumnos de 1º da ESO xunto cos de 3º de Diversificación realizaremos unha saída á Coruña ao Aquarium Finisterrae .

  • No mes de abril realizaremos estudo da calidade das augas Ruta da Pedra da Auga en Armenteira.

  • No mes de maio, faremos unha saída enmarcada nun ciclo de actividades que combina a limpieza das praias coa práctica do surf continuando ca segunda edición do programa de deporte e ecoloxía desenvolvido por Voz Natura e Cabreiroá.



page | by Dr. Radut