Skip to Content

Charla de igualdade con Verónica Boquete

Hoxe tivemos a visita da futbolista internacional, Vero Boquete, ó noso instituto, coma parte das charlas de Igualdade que se organizan no IES Faro das Lúas.
Ás once da mañá e aproveitando as boas condicións climatolóxicas recibimos a Vero Boquete na pista do centro na que se atopaban todos/as os/as alumnos/as do centro. Vero Boquete se presentou como : "Futbolista e muller", posto que o motivo da visita é traballar un pouco maís o tema da igualdade e mostar as diferenzas que se encontrou na súa premiada carreira polo feito de ser muller.
Vero Boquete comentou a súa traxectoria deportiva e profundizou en aspectos como os seus inicios no mundo do fútbol e todas as dificultades coas que se atopou. 
Os/as alumnos/as fixeron numerosas preguntas coas que íamos coñecendo aspectos da súa vida.
A charla foi moi amena e participativa, e o final deleitoumos cuns toques de balón e o momento máis desexado polos alumnos/as foi cando firmou autógrafos.
Tamén aproveitando que era o día internacional da radio, se lle fixo unha entrevista na nosa radio escolar.

Vero BoqueteRadio Vero Boquete

Enquisa de convivencia


Un dos puntos da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento e avaliación continua faise necesario repetir o proceso referido.

A dirección Internet dos cuestionarios de convivencia é a seguinte:


"Recollida de datos para as familias" en https://edu.xunta.es/convfamil

"Recollida de datos para o alumnado de  1º a 4º ESO" en https://edu.xunta.es/convobrig

"Recollida de datos para o profesorado" en https://edu.xunta.es/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://edu.xunta.es/convpas

 

Información sobre o fonde de libros e axudas de material escolar

Nesta sección podedes descargar os listados dos libros concedidos e 

  • 14 de setembro:
  • Do 17 ao 28 de setembro:
    • Entrega dos libros de texto (fondo solidario).
  • Repetidores de 4º da ESO e incorporacións tardías:
    • Máis un mes e até o 31 de marzo.
  • Entrega de libros:
    • Durante a 1ª e 2ª semana de curso, serán entregadas as existencias no centro.
    • Durante a 2ª e 3ª semana de curso, serán entregadas as existencias da compra complementaria.

Para consultares información sobre o Material Escolar: 

                                                       Axudas concedidas para o material escolar

                                                    Excluídos das axudas do material escolar

Actividade de convivencia das familias e profesorado do Faro das Lúas : "Chocolate con estrelas"

 O vindeiro venres 14 de setembro faremos unha actividade de convivencia para familias, alumnado e profesorado  do IES Faro das Lúas, que consistirá nunha charla explicativa, observación astronómica e degustación de chocolate baixo as estrelas.

Esperamos a participación de tódolos membros da comunidade do Faro das Lúas.

chocolate

Informaciòn sobre o Fondo Solidario de libros de texto 2018_19

Infòrmase da resoluciòn provisional do fondo solidario delibros de texto 2018-19:

Para calquera dúbida ou reclamación, póñanse en contacto co Centro en horario de 10 a 13 h .

 

Implantación do programa de utilización de libros dixitais (EDIXGAL) en 1º de ESO e 2º da ESO no curso 2018/19

No curso 2018/19  temos a novidade de implantar en 1º de ESO (xa implantado no curso 201//19) e 2º de ESO  un   proxecto experimental de educación dixital,  que trata de proporcionar aos centros educativos a posibilidade de presentar un proxecto integral para a incorporación de materiais dixitais en todas as materias de 1º e 2º de ESO de educación secundaria, para isto dispoñerán do apoio da Administración en forma de provisión de materiais e libros dixitais, así como unha contorna virtual de aprendizaxe que permita desenvolver todo o potencial e dea soporte ao proxecto.

O alumnado de 1º e 2º  de ESO non  terá libros de texto e usará unha contorna virtual de aprendizaxe, contando cun dispositivo persoal (ordenador) ó longo do curso de forma gratuíta. Faremos unha renión  nas primeiras semanas do curso cos pais e nais do alumnado de 1º e 2º de ESO para explicar o proxecto.

edixgal

Distribuir contido


by Dr. Radut