Skip to Content

DEZ FORMAS DE VIOLENCIA DIXITAL

 

25N. Máis alá da violencia machista existe unha vida digna para as mulleres

Ao longo do mes de novembro o alumnado colaborador da Biblioteca, o alumnado de Ciclo Medio e de 1º de Bacharelato estiveron recollendo e compartido malas noticias arredor da violencia machista.

Posteriormente, os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato servíronse da obra de Carlos Negro, Masculino singular, para encher o centro de poemas en distintos soportes, pero todos contra o machismo.

Ademais, ao longo da semana pasada, nas aulas de 1º de Bacharelato-A, elaboraron o Manifesto contra o machismo deste 25 de novembro de 2016, tomando como molde o manifesto máis famoso da Literatura Galega, o Máis Alá! do poeta rianxeiro Manuel Antonio.

Finalmente, hoxe, asistimos a clase de loito polas mulleres asasinadas e a corporación municipal trasladouse ao noso centro para facer seu o noso manifesto e asistir á lectura de textos e á proxección de material audiovisual creados polo alumnado.

Foi un longo traballo. A causa merecíao. Se serviu para crear conciencia crítica e reaccionar ante calquera forma de machismo, dámonos por satisfeitos os departamentos implicados no proxecto (Equipo de Normalización Lingüística, Biblioteca, Lingua Galega e Literatura, Ciclos FP e vicedirección).

A tod@s @s que participastes e, especialmente, a tod@s @s que vos involucrades cada día na loita contra a violencia machista, GRAZAS!

Se queredes ver o resultado do proxecto, podedes facelo neste blogue: https://25novembro.blogspot.com.es/

25N. Máis alá da violencia machista existe unha vida digna para as mulleres

ACTIVIDADES DOS DEPARTAMENTOS DE FÍSICA -QUÍMICA E TECNOLOXÍA

SOBRE A CONVOCATORIA DE FOLGA DO DÍA 24/11/2016

O alumnado do centro, reunida a XUNTA DE DELEGADOS/AS,  decidiu adoptar a seguintre medida con respecto á convocatoria de folga do día 24/11/206:

 

ACORDO DA REUNIÓN DA XUNTA DE DELEGADOS/AS:

SECUNDAR A FOLGA DE XEITO INDIVIDUAL POR PARTE DO ALUMNADO DO IES, RESPETANDO A NORMATIVA LEGAL VIXENTE. 

17 DE NOVEMBRO, DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA

O Departamento de Filosofía do noso IES colaborou, co IES de Mugardos e o IES de Fraga do Eume, na elaboración deste caderno, a disposición de todos vós nos próximos días.

Nestes complicados tempos nos que o pensamento non está de moda, é gratificante comprobar que aínda hai xente que o practica.

Parabéns e moito ánimo! Frente ao desalento nós creamos canteira!

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Coma sempre, ¡moitas grazas a todos pola vosa colaboración!, especialmete aos chicos do instituto que amablemente participaron na presentación "SI".

O equipo da Biblioteca.

 

 

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 16-17

Reunida a Xunta electoral publícase o:

* Calendario:candidaturas do 7 ao 14 de novembro incluídos a presentar na secretaría.Resto do calendario consultar aquí.

As papeletas de candidatura pódense baixar aquí ou soicitar na secretaría.

 

PARABÉNS

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimados membros da comunidade escolar:

Este ano corresponde renovar o Consello Escolar do centro.Neste período de renovación, que se desenvolverá durante o mes de novembro corresponde actualizar a representación de 1 representante dos pais e nais, 1 representante do persoal non docente, 4 representantes do alumnado e 3 do profesorado.

O proceso desenvolverase segundo as datas que fixe a Xunta Electoral cuxo sorteo se celebrará o vindeiro mércores 4 de novembro no despacho de dirección.(No ficheiro adxunto  recóllese o calendario previsto).

X edición do Concurso de Microrrelatos e a VI edición do Concurso de Lemas

Adxunto información sobre o concurso do Concello de Burela

Distribuir contido


by Dr. Radut