I Xornadas de Orientación

O pasado 14 de abril tiveron lugar as primeiras xornadas de Orientación académica e profesional no pavillón deportivo de San Valentín, organizadas polo IES de Fene  en colaboración co Concello de Fene. Nelas participaron distintas universidades do país, escolas de estudos superiores así como a Armada. Tamén se desenvolveron un total de 20 relatorios impartidos por estas institucions aos que asistiu alumnado da comarca que se achegou ao pavillon acompañado polos seus docentes.

Díptico

GALERÍA DE IMAXES

Mobilidade a Bladel, Países Baixos

Do 22 ao 27 do pasado mes de marzo, dous docentes e duas alumnas viaxaron a Bladel, Países Baixos, para participar no colexio PiusX desta localidade na derradeira reuión do proxecto Leonardo "Skill4u". Nestes encontros rematouse de presentar a documentacion elaborada relativa á realización das prácticas de alumnado de FP noutros países, a organización da "landing week" destes alumnos e a proposta dunha enquisa a realizar entre potenciais candidatos, así como e a organizacion e creacion de contidos na páxina web que se está a crear. Foi unha experiencia moi interesante para todos os participantes

 

                                                                                       

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2015 para alumnado

O día 16 de abril remata  prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 2 de marzo de 2015, DOG do 16 de marzo), 

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

 

 

Becas Eurolingua

A Dirección Xeral de Xuventude de Galicia está a informar da apertura do prazo de solicitude das Bolsas para cursos en Irlanda organizada por a principal axencia de cursos de idiomas de Galicia.

Durante 2 semanas este verán cunha subvención do 100%, dirixida a estudantes con una idade mínima de 16 anos e una media do expediente académico por riba do 6.

O prazo de solicitude finaliza o 21 de abril

Convocatoria becas

www.becaseurolingua.com

Impresos para solicitude de praza no IES de Fene. Curso 2015-2016

Achegamos impresos descargables para a reserva de praza no IES de Fene para o vindeiro curso 2015-2016

- Impreso para solicitar praza no centro 

- Impreso para marcar as optativas en 1º de Bacharelato

OBRADORIO PARA PAIS E NAIS ACERCA DA IDENTIDADE DIXITAL, PERIGOS NA INTERNET E BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN

Aquí vos deixamos a oferta que dende a ANPA presentamos para a realización dun curso sobre os perigos da rede dirixido a pais e nais, tanto de ESO e Bacharelato, e que tamén queremos facer extensivo a FP.

Podedes descargar o impreso de inscrición no mesmo premendo aquí. A data límite de prazo remata o vindeiro 12 de febreiro de 2014.

Animádevos, que resulta moi importante para a educación dos nosos fillos e fillas!!!

ADMISIÓN DE ALUMNADO. Calendario para o curso 2015-2016

Do 1 ao 15 de febreiro:  Reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos (CEIP “O Ramo” e CEIP “Os Casais”) e alumnado do centro que cambie de ensinanza.

Antes do 1 de marzo: Publicación de vacantes

 Ver o calendario completo.....

 

Alumnos do IES de Fene en Alemania. Programa Leonardo LdV IVT - OAPEE

Aquí temos un video feito por tres alumnos do centro, Alberto, David e Julio, no que podemos ver un pequeno resumo da súa estancia na cidade de Cuxhaven (Alemania) durante as catro semanas de prácticas en empresa que fixeron alí dentro do proxecto Leonardo de Programas Europeos, entre novembro e decembro de 2014,   

Concurso de fotografía Xurxo Lobato

PARTICIPANTES

O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.

VER BASES

II Xornadas de Mecánica de Competición, no IES de Fene

O dia 11 de decembro tiveron lugar no departamento de Automoción do IES as "II Xornadas de Mecánica de Competición", que contaron coa presenza do Porsche che que acadou o 1º Posto do Campionato de España de Rallys, así como co seu piloto e mecánico, Sergio Vallejo e Tinoco.

 

Concello de Fene, Conferencia de Primitivo González na biblioteca

O pasado mércores 3 de decembro tivo lugar unha conferencia na Biblioteca  Municipal de Fene do Enxeñeiro Primitivo González, dentro do programa de actividades que se está desenvolvendo "Fene coa ciencia en Galego", programa no que tamén estivo incluida a charla de Jorge Mira impartida no IES de Fene o pasado 12 de novembro.

Primitivo González foi enxeñeiro de Astano dende 1968 e xunto co seu equipo técnico foi o responsable da construcción de grandes petroleiros e e construcción offshore. Ademais é doutor e catedrático e, na actualidade, profesor de honra da Universidade da Coruña, na que ensinou e foi director do Departamento de Construcións navais ate hai tres anos. 

  A conferencia leva por título "Cando fomos os mellores"en referencia á época na que Astano era un referente tecnolóxico mundial

 

Viveiro de empresas do IES de Fene

Durante este curso está a poñerse en marcha o Viveiro de empresas do IES de Fene para o que contamos coa profesora María Iglesias que será a responsable de levar adiante o proxecto. Na seguinte presentación amósanse as características do mesmo

Skill4u, estadía en Rennes. Entrevista en Radio Fene

Con motivo da recente estadía en Rennes de dous alumnos, duas profesoras e un profesor do IES de Fene, Radio Fene entrevistou recentemente a algúns deles. Nesta vila da Bretaña francesa tivo lugar unha xuntanza de profesores e alumnos de Holanda, Noruega, Polonia, Francia e Fene  no marco do proxecto "skill4u"

Entrevista a Julián e David: 

 Entrevista a María Nogareda: 

 

TITORÍAS para o curso 2014-15

·Relación de titores e titoras dos diferentes grupos de ESO, Bacharelato, Ciclos formativos, PCPI e ESA, e o seu horario semanal de atención a pais e nais

 

 

Charla de Jorge Mira

O mércores 12 de novembro tivo lugar no IES de Fene unha charla do televisivo físico Jorge Mira que se enmarca dentro das actividades que o concello de Fene está a organizar con motivo do V Día da ciencia en Galego que este ano se dedica a Isaac Newton e Xosé Rodríguez, e dentro do programa "Fene coa ciencia en galego" no que colaboran o concello, ao que lle queremos agradecer a súa disposición para levar a cabo estas actividades, e centros educativos. Contamos para isto coa colaboración do equipo de Normalización Lingüística do centro que organizou o evento no instituto e de Antonio Orozco, profesor de Física e Química do IES ata o curso pasado, que fixo unha magnífica presentación de Jorge Mira na que expuxo unha reseña das multiples e variadas actividades científicas e menos científicas deste mediático catedrático de electromagnetismo da USC.

A charla levaba o título "A Ciencia no punto de Mira", título tamén do seu libro, e ao longo dela fixo un percorrido por diferentes estudios científicos, dende a bioloxía e a evolución das especies, ata o seu cálculo teórico das temperaturas do ceo e do inferno baseadas na Biblia e que creou polémica en ámbitos científicos e xornalísticos, pasando por diversidade de descubimentos curiosos de premios nobeles e outros científicos que atraparon a atención do noso alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato.

Distribuir contido