Obradoiro de Poesía na Biblioteca do IES de Fene a cargo de Antón Cortizas

20/03/2014 09:39
22/03/2014 09:39
Etc/GMT+1

"De adulto quixen cambiar o mundo, pero decateime de que non podía porque non se deixa. Entón púxenme a inventar historias, pero só de cando en vez, porque como iso non é o único que podo nin gusto de facer, moitas delas quedan esquecidas nos faiados da memoria.
     ¿E de vello? Gustaría de seguir nacendo ata converterme nun trasno amábel e contemplar o mundo sorrindo dende o silencio da Lúa."

Os reglóns precedentes foron collidos da ficha do autor, que aparece publicada na Biblioteca Virtual Galega. Os que coñecemos a Antón Cortizas somos sabedores de que  ten pasión por contar historias e por outras moitas cousas, entre as cales está a sua profesión de impartir aulas. O venres 21 de marzo o Antón Cortizas poeta impartirá un obradoiro de poesía no IES de Fene dirixido a alumnos de 1º  da ESO. A actividade enmárcase dentro do programa de fomento da lectura e creatividade que, de un xeito estable e continuado, está levando a cabo o IES de Fene