A voltas co informe PISA

04/04/2014 10:42
Etc/GMT+1

A. Orozco e M.Suárez

O informe PISA -preme no link para ver cuestionario- (Program for International Student Assessment) é moito máis ca un ranking da calidade dos sistemas educativos dos sesenta e cinco paises que participan neste proceso de avaliación, aplicado a estudiantes de quince anos de idade, aínda que polo que se pode ler nos xornais pareza eso. Os medios, as autoridades educativas, as familias, os estudiantes e os ensinantes teñen tendencia a consideralo como unha competición de xeito que cando os resultados non son  bos buscan responsables para autoxustificarse.
Resultan chamativos os titulares que aparecen istes días na prensa: “Informe PISA: Los alumnos españoles, a la cola de la OCDE en resolución de problemas»(ver cuestinorio)titula o ABC   mentres que El País nos iforma de que temos un “ Suspenso en la vida real “.  Idependentemente de que  os periódicos busquen o titular, eso é parte do seu traballo, o que queda claro é que parece que non contan con moitos periodistas de datos nas súas plantillas e o análise que fan posteriormente, non só non é riguroso, senón que mesmante semella estar sesgado.
Se nos imos aos datos do informe  publicados polo propio Istituto Nacional de Evaluación Educativa (ver resultados), vemos que so analizan os de tres comunidades autónomas: Madrid, Cataluña e  o País Vasco, ademais dos datos globais de España.  Por tanto no podemos coñecer cal  é a situación de Galiza. Doutra banda no mesmo informe  pódese ver que España está en sexto lugar pola cola no Índice Socioeconómico e Cultural  (ESCS) dos países do entorno. Pero, doctores ten a Igrexa, afirman que ese indice non influe nos resultados. Calquera sin coñecementos de estatística nin de modelos matemáticos complexos, só botando man do sentido común,  entende que ten que haber  unha correlación entre o índice socioeconómico dos estudiantes e os resultados acadados. A explicación dos técnicos dese organismo é ben interesante: non somentes non hai correlación senón que a influencia en España é menor ca na OCDE pola menor variabilidade de resultados. De ser así o sistema educativo español sería máis igualitario ca a media da OCDE .

PISA diseña probas distintas para cada país en función  das suas caracteríticas culturais e despois utiliza o modelo Rasch, un moelo matemático complexo,  para procesar  os resultados. Iste  modelo, segundo un discípulo Rasch, o profesor Svend Kreiner, aplícase de forma incorrecta, segundo este matemático para que o modelo funcionase correctamente as preguntas de PISA deberían de funcionar da mesma maneira nos distintos paises participantes. Segundo este profesor as comparacións entre paises non teñen sentido. Para Kreiner tódolos modelos estatísticos teñen fallos  pero “algunhos  son piores ca outros en non hai razón para usar o pior de todos de todos”.
No 2007 un grupo de vinte investigadores analizou exhaustivamente PISA e  os productos asociados a PISA, os resultados foron publicados no libro PISA according to PISA (Transaction Publishers). Concluen que os “rankings” que comparan os resultados entre países ”están baseados en tantos puntos débiles deben ser abandonados de inmediato” e as análisis de cómo deben ser as boas escolas ou as  diferencias entre sistemas educativos “ son na súa maioría pura especulación”.

Ten que mellorar escola? Como se pode mellorar?. Son maioría os docentes que afirman que a escola ten que mellorar, e as propostas para mellorar tamén son moitas. Pero hai unha idea na que a maioria dos docentes coinciden e é que  calquera mellora necesita primeiro ter claro por parte da sociedade  qué  se debe ensinar na escola, que os orzamentos dedicados a educación non son un gasto  senon un investimento e que os cambios dun sisteme educativo son lentos, posto  que implican cambios sociais de calado.
A gran maioría de docentes concorda en que é necesaria a actualización continua de profesorado a través de progarmas de formación, seminarios permanentes, grupos de traballo e compartindo información.
Só resta dicir que as autoridades educativas deben de propiciar as condicións necesarias para que os cambios se leven adiante, non perdendo de vista que o éxito na cosecución das melloras é un éxito de todos.