Alumnado de 4º de ESO visita o CGAI

O pasado día 22 de Xaneiro os alumnos de 4º ESO fixeron una visita ao CGAI , centro de difusión e documentación das artes da imaxe da Xunta de Galicia. 

Durante a visita, se nos amosou o traballo que se está a facer no centro non só no terreo da recuperación, custodia, difusión e promoción das  produccións e obras do patrimonio audiovisual galego, senón tamén no terreo da contribución a un maior coñecemento das artes da imaxe en xeral.

Visitamos a súa biblioteca, a súa filmoteca, os espacios onde conservan os fondos dos que disponen, a sala de proxeccións e a cabina de proxección.  Ademais tivemos a gran sorte de asistir a proxección da película The Kid, de Charles Chaplin, en pantalla de cine e cunha calidade de fotografía e son excelente.

Mereceu moito a pena.