Mobilidade a Aubenas, Francia, no proxecto Action!

Na primeira semana de marzo tivo lugar en Aubenas, Francia un encontro no que participaron docentes e estudantes de cinco países: Francia, Turquía, Polonia Romania e España. Do IES de Fene participaron 5 estudantes e 3 docentes, cifras similares ás dos restantes países, agás Francia de onde participaron os máis de 20 estudantes que acollían a todos os dos demais países. Durante a estadía en Aubenas, estudantes e docentes tiveron a oportunidade de asistir a talleres de cine nos que adquiriron de forma práctica novos coñecementos de cinematografía, asistir ao visionado de 3 films en versión orixinal en Nimes onde que se celebraba o Festival de Cine nesas datas, así como outras visitas e actividades de tipo cultural