Simulacro de incendio no IES

O pasado venres 17 de marzo tivo lugar un simulacro de incendio no IES no que participou Protección Civil, o concello de Fene e unha unidade de bombeiros. Todas as persoas presentes no centro desalozaron as distintas dependencias  para reunirse na zona de parking do edificio de ESO  - Bac. A partir dos fallos detectados nesta experiencia faranse novas postas a punto para mellorar o plan de evacuación

     

 

 

Unidade Cinolóxica do Tercio Norte no IES de Fene

O pasado venres 17 de marzo tivo lugar no IES de Fene unha exhibición por parte da Unidade Cinolóxica do Tercio Norte de Ferrol na que participaron cans especializados na detección de drogas, explosivos e na seguridade. A esta actividade aistiron todos os estudantes do centro así como profesorado que disfrutaron coa exhibición

Ver Galería de fotos

(Se non ves o vídeo, preme aquí)

Participación na First Lego League

Este sábado o equipo do IES de Fene de robótica AnonymousBot participará no concurso First Lego League no Auditorio de Ferrol. O concurso consiste nun torneo de robótica e nun proxecto científico, o deste ano tratará sobre o problema da extinción de varias especies de aves urbanas. Este proxecto está a ser difundido en diferentes medios coa intención de concienciar á xente deste problema.

LIGAZÓNS: 

Web da FIRST LEGO League Galicia

Ferrol360

Diario de Ferrol

La Voz de Galicia

Radiofusión

 

Gala Goya

                       

Aquí tedes todo o que querades saber sobre a 31º edición dos Premios Goya 2017, cos que a Academia de cine español premia a calidade do seu cine e dos seus profesionais en cada unha das especialidades técnicas e creativas. Poderedes coñecer todo sobre os premiados nas diferentes categorías, as candidaturas, as nominacións, o Goya de honor, etc. Non volo pérdades:

 www.premiosgoya.com

 

Carreira solidaria no IES de Fene

O pasado 30 de xaneiro, dia da Paz, tivo lugar nas pistas próximas ao IES de Fene unha carreira solidaria protagonizada polo alumnado do IES de Fene para recadar fondos para axuda aos refuxiados coa ONG "Proactiva Open Arms". Nos dous recreos, os rapaces lograban un euro dos seus respectivos patrocinadores por cada volta á pista. Algúns/Algunhas rapaces/rapazas lograron dar ata 12 voltas á pista, e tamén se conseguiran  previamente ata 12 patrocinadores. Organizada polo grupo da biblioteca do centro, foi unha carreira moi concorrida co 43% do alumnado da ESO participante na que se recadou entre 1100-1200 euros con este fin solidario de axuda aos refuxiados

     

Novos números de teléfono do IES de FENE

A partir do día 27 de decembro, os novos números de teléfono do IES de Fene son estes:

881 93 82 80    -   881 93 82 60

VISITA Á EXPOSICIÓN “GEORGES MÉLIÈS E O CINE DE 1900” - A CORUÑA

                      

Dentro do proxecto Erasmus+ KA2 Action!, un grupo de alumnos de este centro visitaron a exposición itinerante “GEORGES MÉLIÈS E O CINE DE 1900” , organizada pola Fundación Obra Social La Caixa. A visita tivo lugar o 15 de Decembro e nela se achegaron á figura do ilusionista e creador de cine Georges Méliès e á súa obra, con especial fincapé na que pode ser considerada como primeira longametraxe de ciencia ficción da historia do cine: “ Le voyage dans la lune”, de 1902.

Becas de formación no estranxeiro para ex-alumnos de FP do IES de Fene

Está aberto o prazo de inscrición para Becas de Formación no estranxeiro para alumnos titulados nalgún Ciclo de grao Medio. Dende o departamento de ERASMUS + FP do IES de Fene, xestionado por Jheray Prieto,  tramitaranse as solicitudes de ex-alumnos deste centro que así o desexen. Para mais información; contactar por correo-e con; iesfeneprogramaseuropeos@gmail.com

 Acceso á páxina de Erasmus+ FP IES de Fene en Facebook

Visita a Cardiff. Un proxecto STEM

Visita a Cardiff, Gales, dentro do proxecto Erasmus+ KA2 RATE no que o noso centro está a participar.

 

 

 

 

O pasaso mes de Novembro, na semana do 14 ao 18, dúas profesoras do centro, María Nogareda e Eva Gondell viaxaron a Cardiff xunto con outros dez compañeiros representantes do consorcio que está a traballar no proxecto Erasmus+ KA2 RATE para a potenciación das ensinanzas científicas e tecnolóxicas no ámbito educativo e a igualdade de xénero na aprendizaxe de estas mesmas. Neste consorcio están a participar, ademais do CFR de Ferrol, como coordinador do mesmo, e da propia Xunta de Galicia,  o CPI de Atios de Valdoviño, o IES As Telleiras de Narón e o IES Fraga do Eume de Pontedeume.

Nesta viaxe realizáronse visitas a tres centros galeses de primaria e secundaria nas que se fixeron  intercambios de boas prácticas; participouse tamén no encontro “ Internacionalización da Educación”, no que, ademais de poder asistir a charlas sobre diversos proxectos dirixidos a promover as relacións internacionais entre centros educativos, tivemos a posibilidade de establecer contactos para futuros proxectos. 

Unha experiencia moi interesante dentro dun proxecto que vai resultar, sen dúbida, moi enriquecedor para o noso centro.

 

 

 

O IES de Fene na competición Galicia Skills, en Silleda

Estes días está a celebrarse en Silleda a competición Galicia Skills na que estudantes de Formación Profesional demostran as súas habilidades profesionais e compiten entre eles para acadar o mellor posto. Do IES de Fene, Iván,  un estudante do ciclo de Frío, e Jheray, o seu profesor, están a dar o mellor de si mesmos nestas xornadas que reunen o máis representativo da FP galega

 

Ligazón á nova na web da CRTVG

 

 

 

Concurso MECANO do Campus Industrial de Ferrol - 1º posto para o IES de Fene

O pasado 29 de novembro tivo lugar a última fase do concurso Mecano do do Campus Industrial de Ferrol da UDC na que participaron equipos dos institutos IES Otero Pedraio de Ourense, IES de Fene, Ies Lucus Augusti de Lugo, IES Francisco Asorey de Cambados e IES A Pinguela  de Monforte

O concurso tivo dúas fases, unha na páxina de Facebook na que se trataba de obter o maior número posible de "likes" para os traballos presentados  en vídeo por cada equipo, e unha segunda parte que tivo lugar o día 29 no campus ferrolán na que se trataba de presentar a idea do robot e súa execución. Cada fase puntuaba un 50% para o resultado final do concurso.

O equipo do IES de Fene formado por 19 alumnos e alumnas e liderado polo seu profesor de Robótica Manuel Couceiro, obtivo a máxima puntuación en ámbalasdúas fases polo que obtivo o primeiro posto no devandito concurso. Os/As estudantes recibiron como premio unha cámara tipo go-pro cada un/unha

Aqui podedes ver a nova en distintas publicacións:

El Correo Gallego

La Voz de Galicia - Fene

Diario de Ferrol

Facebook

En Negro Contra a Violencia no IES de FENE

Nesta xornada do día 25 de novembro, Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller, a maior parte do profesorado e alumnado acudiron a o instituto vestid@s de negro en sinal de rexeitamento da violencia de xénero

EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA

Eleccións ao Consello escolar. Votacións para elección de representantes de pais e nais

O vindeiro luns 28 de novembro terán lugar no Salón de Actos do edificio de secundaria as votacións para elección de representantes de pais e nais do alumnado no Consello Escolar do centro, segundo o seguinte horario:

- de 14:05 a 14:45

- de 18:15 a 19:00

 

 

ACTION! Entrevistas e artigos en Radio Fene durante o encontro de maio

Durante o encontro de Action! que tivo lugar en Fene do 23 ao 29 de maio pasado  alumnas e profesoras participantes no proxecto foron entrevistadas en Raido Fene. Na seguinte ligazon podese escoitar a devandita entrevista

Entrevista   

 Artigo en Radiofusión: O ollo da mocidade e o cine en Europa

Ademais durante eses días, tamén se publicaron na web de Radiofusión varios artigos relativos ao evento

Distribuir contido