Abertos prazos de admisión e matrícula FP

Nas seguintes ligazóns poderá vostede obter información sobre os prazos de admisión e matrícula abertos de FP Básica e FP de grao medio.

Máis información na oficina de FP.

Exames de setembro 2021

Calendario de Exames de setembro para os grupos de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de FP Básica, curso 2020-2021

 

Libros de texto curso 2023-2024

Adxuntamos o listado de libros para o vindeiro curso 2023-2024. Neste próximo curso cambian os libros de texto para os cursos pares, 2º e 4º de ESO e 2º de bacharelato.
Lembramos aos que solicitaron libros ao Fondo Solidario da Consellería que a partir do 12 de xullo publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos e a adxudicación definitiva sairá publicada a partir do 26 de xullo.
De todos os xeitos, non é imprescindible mercar os libros polo momento: pódense mercar en setembro perfectamente; non hai problema se non se teñen nos primeiros días de curso.

 

1º ESO           2º ESO            3º ESO              4º ESO           4º ESO PDC

1º BAC                              2º BAC   

CM Vehículos 

Mobilizate pola selva - Apadriñamentos do IES de Fene

O IES de Fene xa ten apadriñados 3 chimipacés grazas ao éxito da campaña de recollida e reciclaxe de móbiles entre os membros da comunidade educativa. Os seus nomes son KabiAnzac e Kudia

Certificado de apadriñamento de Kabi Informe de Kabi
Certificado de apadriñamento de Anzac Informe  de Anzac
Certificado de apadriñamento de Kudia              Informe de Kudia

 

Actividades de Verán 2021 - Concello de Fene

Achegannos do concello de Fene as actividades programadas para este verán para a mocidade de Fene 

Actividades deportivas de verán 2021 Obradoiro dixital para a mocidade Espectáculo de clown e malabares
DÍPTICO   Este venres en San Valentín con Moc Moc Saltimbanqui

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar 2021-2022

O prazo para presentación de solicitudes é ata o día 22 de xuño, na Oficina do IES de Fene de 9:30 a 13:30 horas . O alumnado repetidor de 4º de ESO poderá presentala no prazo de un mes dende a formalización da matrícula en setembro 

Descarga de Instruccións e impresos

 

 

Graduación 2º de Bacharelato 2019-2021

O pasado venres 21 de maio tivo lugar no centro o acto de Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Foi un acto moi especial e moi desexado, a súa organización estivo marcada polas polas normas Covid vixentes durante todo o curso, normas que lamentablemente excluían a presenza das familias pero que por outra banda fixeron do evento unha reunión máis segura. Pero estes novos tempos traen tamén novas solucións e as famlias puideron seguir o acto desde as súas casas xa que foi retransmitido en directo.

No acto estivo tamén presente o alcalde de Fene Juventino Trigo e a concelleira de Xuventude, Deporte e Ensino Angeles Coira. O profesor Jose Mouriz leu un emotivo discurso, que xuntamos a continuación

 Discurso de Jose Mouriz

Moita sorte e moitos éxitos na súa nova andadura ós/ás estudantes protagonistas desta graduación

 

 

Convocatoria Premios extraordinarios de Bacharelato

ORDE do 9 de abril de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311A)

Convocatoria 2020-2021

Proceso de admisión. Listaxe de alumnado admitido

Está publicada no taboleiro do centro a listaxe de alumnos e alumnas que solicitaron praza para o curso 2021-2022 no IES de Fene e foron admitidos/as

Proxecto de innovación: A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica

O proxecto “A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica” resultou premiado na Resolución do 9 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional.

O presente proxecto xurde da idea de aplicar as novas tecnoloxías na práctica diaria da aula, preténdese que os profesores empreguen novos recursos que capten a atención do alumnado e adaptarnos os novos cambios nas competencias e perfís profesionais que se precisan, resultado das novas tecnoloxías. Con este proxecto preténdese traballar as competencias relacionadas ca Industria 4.0, concretamente ca tecnoloxía Hidráulica.

 

A tecnoxía Hidráulica está a experimentar unha constante evolución, actualmente está inmersa na transición cara o que se coñece como Industria 4.0, onde os sistemas hidráulicos son controlados a través de software que integran numerosas funcións de control e lóxica de movementos que anteriormente eran controladas hidromecánicamente. Nesta búsqueda atopamos na realidade aumentada o vehículo para achegarnos o noso alumnado, por un lado estamos a axilizar o volume de información relacionada ca automatización hidráulica e por outro empregamos a tecnoloxía móbil accesible a tódolos usuarios.

A realidade aumentada proporciona información engadida a un espazo real e aplícase en operacións de mantemento mediante a visualización das instalacións con información engadida sobre o seu estado. Do mesmo xeito a reparación de avarías con manuais de apoio dixitais diminúe o tempo de espera co conseguinte aforro de tempo e recursos.

Na seguinte ligazón www.departamentomantementoiesdefene.com atópase toda a documentación xerada no proxecto.

 

 

Mobilizate pola selva

Campaña de reciclaxe de móbiles para protexer os ecosistemas africanos. 

As persoas interesadas en participar poden entregar os seus móbiles en desuso aos docentes do departamento de Ciencias. Por cada 30 terminales enviados, gáñase un apadriñamento anual gratuito de un dos chimpancés rescatados no Centro de Rehabilitación de chimpancés en Congo

   

https://mobilitzatperlaselva.org/es/

 

 

Proceso de admision para o curso 2021-2022

Acheganse os instruccions para o proceso de admision no IES de Fene para o curso 2021-2022

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

CALENDARIO DE ADMISIÓN

Día de Rosalía no IES de Fene

Entroido, febreiro 2021

 

PROBAS ACCESO A CICLOS GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR 2021

Convocadas as probas de acceso. Adxúntase a Orde de convocatoria e o calendario das probas.

https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-acceso-ciclos-grao-medio-superior-orde-convocatoria-2021

Para máis información podedes poñervos en contacto có Departamento de Orientación.

Distribuir contido