O pasado 29 de novembro, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de realizar un Laboratorio Aberto na Domus sobre o proceso de síntese dun novo fármaco que se está a investigar para a cura do parkinson.
O alumnado de 1ºESO acudirá o venres 24N á Marcha polo bó trato organizada, como cada ano, polo Concello de Neda para os centros educativos. Podedes descargar aquí a autorización para a saída.
"Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica."
Polo Samaín, coma sempre, tivemos castañada e moita música e disfraces. A rapazada creou un túnel do terror que fixo as delicias de todos, maiores e pequenos, e xunto aos profes e alumnos disfrazados, pasamos un bo rato. Botádelle un ollo á galería de fotos e o comprobaredes.
Estimadas familias, o martes 31 de outubro haberá clase ordinaria excepto nas dúas últimas horas nas que teremos un magosto. Haberá castañas, música en galego, un túnel do terror e desfile de zombies, Santa Compaña e algunha sorpresa máis... O alumnado pode vir disfrazado pero sempre lembrando que a festa non empeza ate as 12h12.