Instrucións para realizar a matricula en ESO e Bacharelato para o Curso 2014-15 para alumnado de NOVA incorporación

Enviado por prof_mvr o Mér, 18/06/2014 - 09:12

ORDINARIO

Poderán matricularse dende o 25 de Xuño ata o 10 de Xullo.

Terán que traer a seguinte documentación:

1. Impreso de matrícula que recollerán en conxersería,  debidamente cumprimentado a bolígrafo e con letras maiúsculas. É moi importante non deixar sen cubrir os teléfonos (especialmente os de urxencia), así como o correo electrónico dos pais. Marcar claramente, cun X ou un numero de orde (o que proceda), os campos de elección, especialmente os das materias a elixir. OS IMPRESOS DEBEN SER ASINADOS POLOS TITORES LEGAIS DOS ALUMNOS, salvo no caso dos maiores de idade.

2. Certificación Académica

3. Carné escolar cumprimentado onde se deberá pegar unha foto actualizada tamaño carné. (Se recolle en conxersería)

4. Dúas fotos tamaño carné cos apelidos, nome e curso ao reverso en letras maiúsculas.

5. Fotocopia do DNI. 

6. Alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato: Aboar na conta de Novagaliciabanco nº: ES24-2080-0058-14-3040006317 a cantidade de 1,12 € antes de formalizar a matrícula xuntando o resgardo xustificativo do ingreso.

7. Alumnos de 1º e 2º da ESO: Fotocopia da tarxeta sanitaria

 

ADULTOS

Solicitude de praza durante o mes de Xullo e matrícula no mes de Setembro aportando a documentación arriba mencionada.