ARCE
Proxecto ARCE
Os proxectos de agrupación de centros educativos (ARCE), son convocatorias do Ministerio de Educación, destinadas a premiar iniciativas que supoñan a agrupación de varios centros educativos de diferentes comunidades autónomás ao redor dunha temática concreta ( no noso caso, a convivencia).
O noso centro conseguiu un para 2 cursos académicos(2008-2010), cunha dotación de 7.500 euros.
Levaba por título "Implantación e mellora de medidas organizativas de xestión pacífica de conflitos". Supuxo a agrupación de centros de diferentes comunidades autónomas( IES Portada Alta, de Málaga, IES Montes Obarenes, miranda de Ebro, IES Alto Nalón de Barredos, Asturias e o IES Fin Do Camiño, Fisterra) en torno ao avance da convivencia escolar e ao estudo de estratexias como a mediación escolar, o alumnado axudante, as tutorías persoais, os grupos de axuda e as aulas de convivencia. Houbo un contaxio das boas prácticas de convivencia que os centros estaban implantando.
ARCE 2008-2010:
En concreto fixeronse 5 encontros entre o profesorado destes centros.
- 1º encontro entre o profesorado. Málaga 19 e 20 de febreiro de 2009
- 2º encontro entre o profesorado, Barredos (Asturias) 24 de marzo 09
- 3º encontro entre o profesorado. Miranda de Ebro, febreiro de 2010
- 4º encontro entre o profesorado. Fisterra, 22, 23 e 24 de abril 2010,
- 5º encontro entre o profesorado. Madrid, días 5 e 6 de Xuño.
E 2 encontros a nivel nacional do alumnado mediador:
- 1º encontro, 40 alumnos/as mediadores. Barredos (Asturias), 24 marzo de 2009
- 2º encontro, 40 alumnos mediadores. Fisterra, días 22, 23, e 24 de Abril.
O traballo co alumnado consistiu no ensaio e a gravación de simulacros de conflitos e a súa resolución pola mediación escolar, para a súa posible utilización como material didáctico. Tamén se trataron os medos, as dúbidas e as técnicas básicas que xogan a favor ou en contra dun bo mediador en cada fase do proceso.
Froito deste traballo, pronto sairá a luz un manual de implantación dun servizo de mediación escolar. Supón un diagrama de fluxo de 8 pasos que un centro podería dar para implantar un servizo de mediación con certas garantías de éxito, cheo de consellos baseados na experiencia e
Este ano, co obxecto de perfeccionar e publicar ese manual, déronnos unha prórroga para continuar co proxecto, cunha dotación extraordinaria de 5400
euros para un ano.
Os contidos dos proxectos 2008-2010 e 2011-2012, pódense consultar nos ficheiro adxuntos.