Xeografía e historia
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Exposición fotográfica organizada polo Departamento
de Xeografía e Historia dende o luns 18 de febreiro ata
o venres 1 de marzo.
A exposición atópase no Salón de Actos do 1º Ciclo

Charla sobre Pena Furada
25-Maio-2012
Antón Malde e Manuel Gago explican de primeira mán a primeira intervención arqueolóxica en Pena Furada (Coirós).
Actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia para alumnado de 4º da ESO.
Máis información deste interesantísimo xacemento arqueolóxico na súa web penafurada.net
e na súa páxina en facebook Sitio Arqueolóxico de Pena Furada.
Fotografía penafurada.net
Arte Hip Hop
16-Maio-2012
De 9:30 a 14:15. Actividade destinada a alumnado de 2º de Bacharelato e organizado por Xose Luis Mosquera do Departamento de Arte, Xeografía e Historia.
Fotografía CC-BY-SA Atribución a xornalcerto
Visita dos alumnos/as do intercambio con Bérgamo
Do 26 de Marzo ata o 4 de abril de 2012
![]()

Recibimos nestas datas aos alumnos/as do intercambio realizado ca cidade de Bérgamo.
Acompañados das profesoras Lucía Sáez e Elvira Castro realizarán visitas guiadas para coñecer a nosa comunidade.
Agardamos que disfruten da súa visita.
Visita dos alumnos/as do intercambio con Siena
Do 27 de Febreiro ata o 4 de Marzo
Recibimos nestas datas ao alumnado italiano que participou no intercambio Siena-Betanzos. Durante a súa estadía realizarán visitas guiadas a distintos lugares de Galicia.

Visita a Santiago de Compostela
24-Xaneiro-2012
Visita a Santiago de Compostela do alumnado de 2º de Bacharelato que cursa a materia de Historia da Arte. Organiza a actividade D. Xosé Luis Mosquera, do Departamento de Xeografía e Historia.
Intercambio Siena-Betanzos
Do 31 de Outubro ao 7 de Novembro de 2011
![]()
Acompañados por Lucía Sáez, do departamento de Xeografía e Historia, e Elvira Castro, do departamento de Lingua Castelá, nestas datas, un grupo de alumnos e 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato, realiza un intercambio ca cidade italiana de Siena.
Saída ao Monte do Gato

7-Xuño-2011
Organizado polo Departamento de Xeografía e Historia para o alumnado de 3ºA da ESO. Preparádevos para camiñar e desfrutar das vistas desta fermosa ruta.

Excursión Laracha - Verdes - Ría de Corme
5 de Abril de 2011
Organizado polo Depargamento de Xeografía e Historia para o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Xeografía.




