Plan de Prevención de Drogodependencias no Ámbito Municipal

 

Durante os meses de febreiro e marzo  o noso Instituto volverá a participar no Plan Prevención de Drogodependencias dende o Ámbito Municipal, experiencia que se vén desenvolvendo no Concello de Betanzos dende o ano 2002.

O Instituto leva xa varios anos colaborando  e mañá comeza unha nova edición deste programa premiado en varios foros.

Durante os meses en que terán lugar as sesións, todos os grupos da ESO terán ocasión de participar, en dúas sesións cada un, dirixidas por Juan Carlos Prado, traballador da Concellería de Servicios Sociais e Sanidade do Concello de Betanzos.