Chegou aos nosos oídos... "Reo" una novela de Xesús Fraga presentada por Xosé Luís Mosquera

 

Chegou aos nosos oídos.... que o mércores 15 de outubro ás 20.00 o antigo alumno do Aguiar, Xesús Fraga, será protagonista dunha charla arredor da súa novela "Reo",  no local de Casa Castillo (Rúa Roldán 2, Betanzos). Tamén haberá demostración en directo de graffiti cos escritores da crew betanceira Camborios Art.  Colaboran Editorial Galaxia e a libraría Biblos.

Xesús Fraga estará acompañado na presentación por Francisco Castro e polo noso compañeiro, profesor no Aguiar, Xosé Luis Mosquera Camba (bo coñecedor, por certo, da historia do graffiti betanceiro)

Reo é unha novela que trata de pescudar nas razóns que poden levar a un adolescente de hoxe a investir horas e horas do seu tempo na actividade ilegal de escribir o seu nome no maior número de lugares da sua cidade. A historia dun rapaz e a súa teima secreta, na que canaliza o seu extraordinario talento natural para o debuxo. Pero tamén é a historia dun rapaz que ten dúbidas sobre o seu futuro, que quere axudar aos seus amigos en dificultades e que vive os efectos da crise no corazón do fogar. Porque aínda que Reo sexa, para os grafiteiros, o rei da cidade, no fondo é un rapaz calquera dun barrio calquera. Podería ser o voso veciño.

 

En fin, todo un orgullo reunir neste acto a un ex alumno e a un profesor do noso Instituto.