Fallo do Iº Concurso Literario "Palacete".

O domingo 26 de outubro acaba de fallarse o Premio Palacete. Lembrando a construcción deste edificio emblemático de Betanzos en 1914 convocouse un Concurso literario de relato infantil e xuvenil ambientado na Iª Guerra Mundial (da que se conmemora este ano o primeiro centenario do seu estalido)

Na categoría xuvenil os premios corresponderon a dúas alumnas e  un alumno do IES Francisco Aguiar:

Violeta Sánchez (1º premio)
Julia Nieto Mantiñán (2º premio)
Alberto Gómez Perales (3º premio)

Os premios foron entregados polos membros do xurado deste  Iº Concurso literario,  Xabier López, Xesús Fraga e Nieves Abarca.