Estraños fenómenos paranormais no Aguiar. PARA...! NORMAIS!


O que está a ocorrer nos últimos anos no Aguiar podería, para algúns, semellar "paranormal". Pero non é outra cousa que os froitos do compromiso coa lectura que son os froitos do entusiasmo e do traballo dun grupo de profesores e profesoras .

Que teñamos tan cantidade de alumnos e alumnas nos clubes de lectura.

Que ampliemos eses clubs a nais e pais, persoal non docente ou mesmo xente allea ao centro.

Que cada vez que se fai un concurso literario, como o de "Chíos de Nadal" ( enténdase tweets), "petemos" en cantidade e calidade

Todo isto deixa de ser "paranormal" se temos en conta o que agacha de entusiasmo, creatividade e traballo. (para os que se pregunten polas proporcións para ista receta ... recurrimos a unha cita que nos deu o outro día Xosé Manuel Rey: "A arte é un 10% de inspiración e un 90% de transpiración")

Pois ben, en todo isto unha alegría máis. Un motivo máis para presumir. Sen saber de que xeito,  un grupo de alumnos e alumnas ofrecéronse a colaborar como voluntarias e voluntarios nas tarefas da Biblioteca. Botaron unha man na actividade de agasallo de libros que tivo lugar o 11 de decembro. Agora o grupo de colaboradores vaise encargar, coa axuda do profesorado do grupo de Biblioteca,  dos préstamos nos recreos; organizaron eles as quendas. Ademais pediron un lugar no que facer peticións, fixeron un cartel e colocárono no taboleiro...e case o encheron....

 E os seus nomes son: Ángela Rodríguez, Raquel Vázquez, Irene Docampo, Brais Agilda, Carmela Vázquez, Loreto Vázquez, Nuria Torregrosa, Julia Nieto, Julia Medín. 

Parabens para o Instituto, grazas a elas e a el.