Indalecio Pérez Tizón

 

 Chamámonos así na honra do noso benquerido compañeiro e director Indalecio Pérez Tizón.  

 

 

Indalecio Pérez Tizón (1960-2011)

 

Licenciado en Ciencias Químicas, chegou ao IES Francisco Sánchez no curso 1991/92.

 

Desde o primeiro momento liderou o Departamento de Física e Química ocupando a xefatura do mesmo nos cursos 1991/92 e 2000/01 a 2007/08.

 

Como defensor do galego colaborou intensamente e foi membro do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

 

Xogou un papel destacado no labor de informatizar o centro: dotación e posta en marcha de aulas informáticas e impartición de clases ao profesorado.

 

Foi peza fundamental, a nivel normativo, na transición do Instituto cara a LOXSE.

 

Participou tamén durante todos os cursos nas actividades extraescolares destacando o seu obradoiro de fotografía, rotas de sendeirismo e actividades deportivas.

 

Algúns dos seus traballos con máis repercusión social foron o Seminario Interdisciplinar dos Muíños da Comarca e a realización da Rota das Fontes (análise de augas e sinalización con carteis das fontes dunha serie de parroquias tudenses), traballo, este último, realizado no seo do Programa Voz Natura.

 

Á parte ocupou cargos directivos no Instituto que o levaron a ser un dos responsables máximos do seu bo funcionamento: Secretario (cursos 1992/93 a 1995/96), Vicedirector (1996/97 a 1999/2000) e finalmente Director (cursos 2008/09 a 2010/11).

 

Mírese cara a onde se mire, no IES Indalecio Pérez Tizón hai pegadas de Indalecio, traballador infatigable e profesor de vocación.