Esta é a nova páxina do IES Gregorio Fernández que está en construción. Se queres visitar a vella pica no enlace que hai a continuación.

[Web antiga] [O escultor Gregorio Fernández] [Salon d'automne]
O noso instituto foi creado no ano 1975, sendo en principio un Instituto de Formación Profesional ata que no curso 98-99 comezamos a impartir a ESO e posteriormente incorporamos outros estudos, o que fai que agora teñamos unha moi variada oferta que inclúe dende ciclos formativos a bacharelatos pasando pola educación secundaria e as ensinanzas para adultos. Para unha información máis completa sobre a oferta educativa do centro clic en Oferta educativa.
Contamos con tres edificios, ademais de talleres, ximnasio, pavillón polideportivo, biblioteca (con máis de 14.000 volumes), aula de plástica, laboratorios, dúas aulas de informática conectadas a internet, é dicir, que estamos nun momento de adaptación e incorporación das novas tecnoloxías que nos permiten ofertar unha moi ampla gama de estudos, axeitada ós avances tecnolóxicos que nos rodean.
Agardamos, pois, que sexa este o centro no que poidas atopar o mellor para a túa formación académica, tanto no período do ensino obrigatorio como no post-obrigatorio.
Envía as túas suxerencias a:
ies.gregorio.fernandez@edu.xunta.es
É o 6º ano que se produce o irmandamento entre os alumnos do Collège Paul Eluard de Mûr de Bretaña e o noso centro.
Capitaneados pola profesora Louisseanne Le Gac, e coa axuda de 4 profesores, chegaron a sarria con 47 alumnos, onde pasarón 6 días.
Entre as actividades que realizaron entre os dous centros pódese destacar, obras de teatro, actuacións musicais, visita o Cebreiro e camiñaron un tramo do camiño de Santiago, partido de fútbol, cea de despedida...


Este ano esta dedicado a Valentín Paz-Andrade
Viaxe dos/as alumnos/as de BAC. Vídeo realizado pola alumna Lucia Mato (2º BAC).
Documental en defensa da Torre de Sarria, realizado polo profesor Eduardo Rey, coa colaboración dos alumnos de 1º ESO dentro da materia de "Proxecto Interdisciplinar". A sua presentación tivo lugar o xoves 12 de abril as 20:30 horas, no salón de actos do centro.
Este ano falouse sobre as figuras do Entroido na bisbarra de Monterrei (Ourense). Contando coa presenza de seis Cigarróns de Verín, que contestaron todas as dúbidas sobre os traxes e a festa do entroido en xeral.
O venres 4 de novembro, celebrouse no centro o tradicional MAGOSTO, onde os alumnos de 2º de BAC de humanidades, axudaron a cociñar os chorizos, panceta, e asaron as castañas. Participando na degustación todo o centro.

O VIII PREMIO DE NARRACIÓN DO I.E.S. GREGORIO FERNANDEZ celebrouse no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.