Skip to Content


Icono Aula virtual

Repoboación de árbores 2024

O IES da Illa de Arousa, Nito Dios e o Concello da Illa de Arousa organizaron a plantación de árbores na Illa de Arousa co motivo da celebración do día da árbore.

Durante a tarde do xoves 21 e marzo, plantáronse na zona colindante ao campo da Bouza as árbores que se sementaron na horta do IES da Illa de Arousa.

 

Álbum: Curso 23_24 -> Repoboación de árbores 2024

Primeiros auxilios 2024

O xoves 21 de marzo, alumnado do ciclo superior de acondicionamento físico do CIPF de Fontecarmoa visitou o centro para impartir talleres de primeiros auxilios á rapazada do IES da Illa de Arousa.

Tendo en conta a importancia dos coñecementos básicos de primeiros auxilios en caso de emerxencias e que a rápida actuación pode salvar vidas, realizáronse técnicas de RCP básica, a maniobra de Heimlich e a posición lateral de seguridade entre outras.

Álbum: Curso 23_24 -> Primeiros auxilios 2024

Limpeza praias 2024

Como tódolos anos, o departamento de Bioloxía, coa rapazada de 1º ESO,  en colaboración co IGAFA e a asociación BATA organizou a limpeza das praias de Carreirón.

Preme sobre a imaxe para ver a galería.

Álbum: Curso 23_24 -> Limpeza carreirón 2024

BECAS MEFP ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS

Ábrese o prazo para presentar a solicitude de becas do Ministerio de Educación, Formación  Profesional e Deportes  para ensinanzas postobrigatorias.

Máis información aquí

Prazo : do 19 de marzo ao 10 de maio ( 15:00)

Obradoiro contacontos

O 27 de febreiro tiveron lugar no centro os talleres "Conte avec moi", organizado polo departamento de fránces coa rapazada de 1º e 2º ESO

Obradoiro de ecopercusión 24

O martes 20 de febreiro tivo lugar no centro o obradoiro de Ecopercusión coa rapazada de 3º ESO

Obradoiro Talento mozo 2024

O xoves 8 de marzo tivo lugar o Obradoiro de Talento mozo 2024 cos alumnos de Economía de 4º ESO.

Os relatores Pablo Pérez Caamaño ( asociación Arousa Moza) e Luis Pazos ( empresario), falaron da súa experiencia no mundo da empresa e das asociacións.

 

Acreditación competencias dixitais alumnado

Publicouse a resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Máis información

O alumnado matriculado en 4º ESO pode realizar probas específicas para  acreditar as compentencias dixitais de nivel intermedio.

Solicitará a súa inscripción empregando o modelo, os menores de idade deben contar coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais.

Data límite inscripción: 15 de marzo Actualizado!!

Entroido no instituto

Entrevista na radio: Proxecto Neo

Para o programa 404 do Proxecto Neo escolleron entrevistar a unha alumna do noso centro, descubre a quen!

Falou ben e falou ó conto.

Podedes escoita-la entevista completa nesta ligazón.

Ben feito!

Distribuir contido


by Dr. Radut