Visita ao IES JOHAN CARBALLEIRA

O IES ILLA DE ONS DE VISITA: RODEIRA, PARALAIA E JOHAN CARBALLEIRA on PhotoPeach

categories [ ]

Proceso de admisión de alumnado 2012-2013

01/03/2012 - 00:57
10/04/2012 - 00:57
Etc/GMT+1

Este proceso de admisión será de aplicación en todos os centros docentes públicos e privados concertados da provincia de Pontevedra que impartan algunha das seguintes ensinanzas: segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria.

Enviado por martiño en Ven, 02/03/2012 - 11:27. categories [ ]

Contando contos aos cativos


19 de decembro de 2011

O luns 19 cinco alumnas do instituto foron a contarlles  uns contos aos cativos de 3 anos do CEIP  A Pedra.

Susana López Romero e Ángela Villanueva González contaron  2 contos: "A vaca que puxo un ovo" e "Lobo Buzú está namorado"

Iria Rosas Regueira e Lucía Fernández Amoedo contaron  2 contos : " O incrible neno devorador de libros" e  ¿Onde perdeu Lúa a risa?

María Mercedes Pretel González contoulles o conto : " Aínda nada?"

No  segundo trimestre voltaremos con máis historias para contarlles.

categories [ ]

Contacontos para os máis cativos.

O venres día 8, sete alumn@s do instituto foron ao CEIP "A Pedra" a contarlle 3 contos aos nen@s de de infantil de cinco anos. "Os tres bandidos","O coelliño branco" e " A casa da mosca chosca". Seica o pasaron moi ben tanto uns coma outros, e quedamos en recuncar a finais de curso.


categories [ ]

SEMANA BRANCA EN VALGRANDE-PAJARES

Os alumnos/as de 2º da ESO estivemos gozando da neve na estación asturiana de Valgrande-Pajares. Tamén viaxamos un día ata Oviedo e outra tarde fomos ao museo da minería na localidade asturiana de "El Entrego".

 




 

 


 

 


CONCURSO CARTAS DE AMOR

O AMOR chegou ao Illa de Ons en forma de carta, onde as rapazas e os rapaces expresaron a intimidade dos seus sentimentos, e de declaracións que lle dedicaron aos amores, reais ou imaxinarios.
O AMOR foi o eixo que moveu o concurso de expresión escrita máis participativo do ano. Moreas de textos orixinais e creativos, merecedores de premios, dos que só 3 persoas de cada categoría foron as gañadoras dos regalos: Aida Queimaño e Aida Carballo de 3º B e Sara Menduíña de 2º B na categoría de cartas de amor. Verónica Chapela de 1ºA, Ángela Villanueva de 1ºB e Laura Rial de 1ºA na categoría de declaracións de amor. PARABÉEENS.

 

 


categories [ ]

Proxecto Abalar

O IES "ILLA DE ONS" forma parte  do Proxecto ABALAR

Unha estratexia global e integradora

O proxecto ABALAR ten a súa orixe na palabra celta "Abal", que significa mazá, a froita da sabedoría, e no termo galego "Abalar" para transmitir a mensaxe de promover e facilitar o movemento, o cambio e a transformación na educación.

ABALAR é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 

ABALAR inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores da actividade, recollida no marco da iniciativa de modernización egoberno2013.

ABALAR recolle, suma e incrementa os recursos existentes para acadar a resposta integral e de futuro do Goberno galego aos retos que presenta a educación dos nosos nenos na sociedade dixital do século XXI.

ABALAR organizará os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes nuns centros educativos cada vez máis preparados tecnoloxicamente.

ABALAR é unha estratexia educativa global e integradora, definida con obxectivos claramente determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias da nosa cidadanía, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.

O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización,
integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos

O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais.

O proxecto ABALAR, liderado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, levará a cabo un proceso de cambio no que converxerán de forma coordinada e aliñada os seguintes eixos sobre os que se desenvolve o proxecto:

A estratexia do proxecto ABALAR xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.

 
contidos educativos


Como elemento fundamental do novo modelo educativo que expón o Proxecto ABALAR, dotarase ao profesorado, así como ao resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais.

  • Facilitando o desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dos últimos avances tecnolóxicos na educación.
  • Aproveitando as mellores prácticas desenvolvidas nos centros máis avanzados, pondo en valor todo o traballo e coñecemento do profesorado galego.
  • Fomentando o espírito colaborativo e participativo dos docentes para establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.
  • Pondo en marcha un repositorio de información que se alimentará con contidos internos e externos á Xunta de Galicia, tanto públicos como privados e totalmente integrados no espazo ABALAR.