Skip to Content

blogue deiesdesada

PARÍS

Fotos do viaxe a París!!!!!

 

De París 2014

Fotos do Entroido

Cun pouco de retraso, as fotos do Entroido

 

De Entroido 2014

25 Aniversario

 

Disfrutade do video!!!!

25 Anos de ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SAÍDA A BANDE

 

23 DE MAIO

 SAÍDA A BANDE

 

ALGÚNS DOS NOSOS ALUMNOS SAÍRON A VISITAR A COMARCA DE BANDE NUNHA XORNADA DE INTERCAMBIO CON ALUMNOS DO IES  AQUIS QUERQUERNIS

Todas as fotos

 

 

A Voz Audiovisual

Certame Luisa Vilalta

ACTO NA CASA DA CULTURA PINTOR LLORENS DE SADA

O pasado venres 24 de maio de  2013 na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada tivo lugar a xa tradicional  celebración das Letras con un acto para toda a comunidade e ao que asistiron tamén as máxima autoridades do noso concello: o alcalde, D. Ernesto Anido Varela e a concelleira de cultura, Dna. Almudena Pena Álvarez, e outros concelleiros.

O acto comenzou lembrando ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013, Roberto Vidal Bolaño, e con unha representación dun anaco dunha das súas obras por parte de alumnos de 2º , 3º e 4º de ESO.

A continuación proxetouse o video gañador do “Correlingua” deste curso  producido por GALLAECIA FILMES, a productora de audiovisuais  creada no instituto ao abeiro do proxecto DCine coordinada polo noso compañeiro Xosé Seoane.

En lembranza á nosa compañeira Luísa Villalta e no décimo aniversario do Certame que leva o seu nome, estreouse o videodocumental  “Luísa Villalta, Paixón e Compromiso” elaborado por Xosé Seoane e a súa productora GALLAECIA FILMES. Ben, cómpre aquí expresar a nosa admiración pola exquisitez na elaboración deste Documento Vital de Luísa e o noso agradecemento a todo o equipo que traballou nel, en especial ao seu director, Xosé Seoane.

Ao final do acto entregáronse os premios literarios do noso X Certame Literario Luísa Villalta. Na modalidade de narrativa:

Manuel Couce Sánchez, alumno de  4ºB do noso instituto levou o primeiro premio.

Parabéns, Manuel, neste ano fructífero en galardóns para ti. Manuel tamén gañou o primeiro premio do XXIII certame de relatos curtos do concello de Miño.

Ismael Gil Candal, alumno de 2º bacharelato do IES María Casares acadou o 2º premio.

Parabéns para él, esperamos que este premio sexa o primeiro de moitos máis para él.

 

Para rematar agradecemos a todos a vosa colaboración neste tradicional acto e ata o ano que vén!

As fotos do certame 

O noso alumno Manuel Couce Gañador do certame

Atapuerca

 

As fotos do viaxa a ATAPUERCA.... pinchade na imaxe

 

 

 

EXPOSICIÓN

 

EXPOSICIÓN NO NOSO CENTRO

EN COLABORACIÓN COS DEPARTAMENTOS DE PLÁSTICA, LINGUA GALEGA E A BIBLIOTECA

ORGANIZADA E DESEÑADA POLA NOSA COMPAÑEIRA DE PLÁSTICA, CELIA PERNAS,  MÓSTRASE  ESTES DÍAS  UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O LIBRO:

 A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA,  DE JOSE MAURO DE VASCONCELOS,

UNHA HISTORIA QUE OS NOSOS ALUMNOS COÑECEN DAS SÚAS LECTURAS NA ESO, ILUSTRADA POLO NOSO COMPAÑEIRO FERNANDO ALONSO ANDÚJAR. DENDE AQUÍ DÁMOSLLE OS PARABÉNS AO NOSO COMPAÑEIRO NA SÚA AVENTURA ARTÍSTICA COMO ILUSTRADOR.

De Exposición

Barcelona fin de secundaria

Os alumnos/as de 4º de ESO realizaron a súa viaxe de fin de secundaria a Barcelona. Visitaron lugares emblemáticos desta interesante cidade como Montjuic, o barrio gótico, as Ramblas, a Sagrada Familia, etc. Tamén pasearon por Zaragoza, Tarragona e Reus. Ainda que non todas foron visitas culturais, tamén houbo tempo para o ocio, disfrutar de Port Aventura, vivir o ambiente de Salou, a cidade que os acolleu todos eses días, moi tranquila por certo ainda que pareza mentira.  Ben, esperamos que todos eles  teñan disfrutado nesta viaxe e que gocen coas fotos colgadas aquí.

 

 

De barcelona

Parabens

Distribuir contido


by Dr. Radut