Skip to Content

PROGRAMA ERASMUS NO IES JOHAN CARBALLEIRA

anafv

¿EN QUÉ CONSISTE A MOBILIDADE ERASMUS? 

Esta acción de mobilidade vai dirixida aos estudantes de FP de grao superior, ofrecéndolles a posibilidade de realizar un periodo de estudos (SMS) ou ben un periodo de prácticas (SMP) nalgun país europeo. As posibilidades de mobilidade Eramus tamén se extenden ao persoal, docente e non docente, dos centros educativos.

A partir de 2014 estas accións de mobilidade terán carácter internacional, abarcando países de fóra da UE, dentro do programa ERASMUS FOR ALL.

O PROGRAMA ERASMUS NO JOHAN CARBALLEIRA

Dende decembro de 2010 o IES Johan Carballeira é titular dunha Carta Erasmus Ampliada, que nos permite desenvolver accións de mobilidade estudantil para prácticas (SMP).En febreiro de 2011 o noso centro puxo en marcha a súa primeira experiencia Erasmus.
O departamento de programas europeos está á vosa disposición para asesorarvos sobre cantas dúbidas poidades ter sobre esta experiencia. Convocaremos reunións periódicas para tervos ao tanto da marcha do proceso e animarvos a participar nel.
Podedes ampliar información sobre o Erasmus no blog dos ciclos de FP do IES Johan Carballeira ou ben poñéndovos en contacto có departamento de programas europeos na dirección de correo electrónico: iesjc.coordinadorerasmus@gmail.com 
 
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O ERASMUS


page | by Dr. Radut