Skip to Content

En xaneiro convocaremos reunións coas familias e co alumnado. Noraboa e Felices Festas!!

 

Nos próximos días instalarase nos portátiles do alumnado, a través da wifi Abalar, unha aplicación, baseada no software CT Parental, para garantir a navegación segura.

O funcionamento desta aplicación é independente do tipo de conexión que se estableza para conectarse a Internet, polo que permite a navegación segura do alumnado tanto dentro da rede corporativa do centro, como nas redes domésticas ou a través de dispositivos móbiles.

A aplicación, ademais, permite filtrar a actividade do portátil do/a alumno/a, evitando accesos non autorizados a espazos con información sensible ou que non son axeitados para o alumnado, baseados nas seguintes categorías: adultos, xogos, apostas, malware, phising, bitcoin, redes sociais, drogas, ... Estas categorías e listas de sitios bloqueados son revisados e mantéñense actualizados coas garantías da Universidade de Toulouse.

Mais información 

O número premiado coa cesta de Nadal foi o 42.

O sorteo realizouse o venres 15 de decembro ás 11:30 no salón de actos.

As notas da 1ª avaliación publicaranse en Abalar o 21 de decembro segundo o seguinte horario:

  • ESO e Bacharelato: ás 11:00 h.
  • Ciclos básicos, medios e superiores: ás 12:00 h.

Dende o Equipo de Erasmus+ Educación Escolar, invitámosvos a participar na Convocatoria de Mobilidade de Longa Duración. Se tedes calquera dúbida, estamos á vosa disposición. Sorte!

 

Dende o Equipo de Erasmus+ Educación Escolar, invitámosvos a participar na Convocatoria de Mobilidade en Grupo. Se tedes calquera dúbida, estamos á vosa disposición. Sorte!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut