Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Á sombra do mestre Xoán Farias

O 11 de xuño morreu Xoán Farias deixando a literatura infantil e xuvenil un chisco máis orfa. Aínda que era ferrolán escribiu maioritariamente en castelán e logo traduciu algunhas das súas obras ao galego. Moitos de vós coñecedes a súa marabillosa obra Á sombra do mestre, esa delicia de narrativa poética que tanto nos gusta.

Se queredes coñecer mellor o autor, recomendámosvos que leades este artigo publicado no xornal Público tras a súa morte. Tamén podedes achegarvos á biblioteca e ler estes títulos seus.



page | by Dr. Radut