Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Día da Poesía- 2015

O martes 24 de febreiro imos celebrar, por oitavo ano consecutivo, o Día da Poesía no instituto, coincidindo co Día de Rosalía de Castro. Con este motivos estamos organizando un recital poético que terá lugar a 4ª hora, despois do recreo. A esa hora todo o alumnado recibirá algunha persoa na súa aula que lle recite algún poema.

Ademais do recital este ano temos unha sorpresa preparada, pois vainos acompañar unha persoa moi especial: unha muller que canta e toca moi ben e que é veciña deste concello. A ver se adiviñades quen é!

Se queres participar no recital, ven á biblioteca escoller poema e incluímoste no circuíto!

Para recordares como celebramos a actividade nos anos pasados, preme aquí: 2014, 2013, 2012, 2011, 2010, 2009

Unha das organizacións que vén celebrando dun xeito moi especial esta data é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Para esta edición, esta é a súa proposta: "Eu son Rosalía!".

Se entrades no catálogo da biblioteca podedes atopar moita da súa obra e moitas das versións ou reinterpretacións da mesma:

Obras de Rosalía: aquí

Rosalía musicada: aquí, aquí, e aquí.

 



page | by Dr. Radut